14 sept. 2018

Ante las vendimias, importante aviso fitosanitario de la estación de Areeiro

AREEIRO OBSERVA UNHA MOI BOA SITUACIÓN FITOSAINTARIA DA VIÑA NO SEU ÚLTIMO AVISO. Para as fincas que teñan prevista a vendima para finais de mes, e ante a previsión de choivas débiles para as vindeiras semanas, aconsellan prestar atención á botrite e á couza  do acio posto que aínda se poderían aplicar tratamentos biolóxicos

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar o seu último aviso fitopatolóxico nesta camapña no que destaca que a situación fitosanitaria da viña é en xeral moi boa grazas ás condicións climáticas das últimas semanas. O persoal técnico da EFA considera que, como era previsible á vista destas condicións climáticas, na práctica totalidade de viñas a situación fitosanitaria en pre vendima é moi adecuada pola ausencia de botrite. Desde Areeiro aseguran que nalgunhas fincas xa empezou a vendima e que nas demais comezará nos vindeiros días, podendo haber parcelas máis tardías que terán que esperar mesmo ata a última semana de setembro. 

De cara as vindeiras semanas, e segundo diferentes axencias meteorolóxicas consultadas, podería producirse certa precipitación entre martes e xoves e, a máis longo prazo, para diferentes días da última semana do mes. En patóxenos como o mildeu, e en viñas máis tardías, non se esperan danos, xa que os acios xa hai tempo que non son sensibles ao patóxeno e, aínda aparecendo síntomas nos órganos máis tenros, a vexetación deste ano nas viñas é máis que suficiente para garantir a maduración.

No caso da botrite, desde Areeiro aseguran que se viron lixeiras trazas en grans moi illados. Lembran que a práctica ausencia desta enfermidade a finais de campaña se debe á estabilidade climática que se está rexistrando e que, en xeral, se manterá agás nos episodios de precipitacións, en principio lixeiras, que se darán algunhas xornadas segundo as previsións mencionadas. Por este motivo, xa non se esperan danos de importancia pero en caso de ser preciso, e nas viñas que aínda non se estea realizando a vendima, se podería aplicar un tratamento biolóxico. 


A mesma recomendación fan no caso da couza do acio,  a Lobesia botrana.  A pesares de que en Areeiro observan poucas capturas (non superaron os 20 individuos/trampa e o máis frecuente foi entre 2 e 10), si constataron que en dúas fincas do Salnés houbo un número elevado de postas (moi superior ao limiar de tolerancia), que non só afectaban aos acios en maduración senón tamén aos rebuscos. Aínda que consideran que parte deses ovos poden non ser viables, nunha finca na que a vendima non está prevista ata a última semana de setembro, recomendan que se aplique un tratamento cun insecticida biolóxico, xa que teñen tres días de prazo de seguridade.



Páginas