7 sept. 2018

Ahora resulta que a la avispa velutina le gustan las uvas de la variedad treixadura

AREEIRO ACONSELLA TOMAR PRECAUCIÓNS FRONTE ÁS VELUTINAS DURANTE A VENDIMAO persoal técnico advirte de que os viticultores xa teñen detectado picaduras destas avespas nos acios da variedade de Treixadura
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de incorporar no seu último aviso fitopatolóxico unha advertencia fronte aos danos ocasionados pola avesta asiática (velutina). O persoal técnico sinala que os viticultores xa teñen detectado picaduras destas avespas nos acios da variedade de Treixadura e aconsellan que as persoas tomen precaucións durante a vendima. A EFA está a recibir, durante os últimos días, numerosas chamadas de viticultores alertando da presenza desta vespa e dos consecuentes danos que está producindo. Debido á inminencia da vendima e ao estendida que está, a principal advertencia pasa por protexerse ante a súa picadura e por tomar precaucións para minimizar as reaccións no caso de que isto ocorra. 
Por outra banda, aseguran que as choivas rexistradas durante as tormentas entre os días 2 e 5, aínda que en xeral escasas, resultaron favorables desde o punto de vista da calidade da uva, ao tempo que axudaron a lavar os depósitos dos fitosanitarios aplicados máis recentemente. Ante a inminencia da vendima, que mesmo nalgunhas fincas das comarcas máis adiantadas xa pode comezar estes días, os viticultores están preparando as súas fincas rozando a herba, eliminando os gromos sobresaíntes e esfollando novamente. Ante a realización deste tipo de traballos, dese Areeiro aseguran que están observando esfollas demasiado intensas nalgunhas parcelas.
En canto ás patoloxías, dende Areeiro indican non se espera que estas choivas teñan unha gran incidencia na viña. No caso do mildeu  tan só teñen observado algunha mancha nova illada nas plantas testemuña, nas fincas que levan máis tempo sen tratamentos, e algunha tamén nas partes altas das parras que tiveron un exceso de vexetación e a onde non chegaron os funxicidas. Porén, e atendendo ás previsións meteorolóxicas -con ausencia de precipitacións e con tempo seco e ventos sobre todo do norte ou do leste-, consideran que non terán ningunha incidencia. Coas estas previsións de tempo seco tampouco esperan que o patóxeno da botrite xere problemas. En todo caso, os técnicos lembran que hai no mercado funxicidas biolóxicos autorizados que aínda poderían ser empregados de ser necesario.
En canto á couza do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) constatan que seguen baixando as capturas en todas as fincas, e especialmente na parcela de Goián (O Rosal), con só 8 individuos recollidos esta semana fronte aos 48 da anterior. A pesares dito, advirten que quedan cifras bastante elevadas nalgunhas fincas.
Ao igual que a semana anterior, a  técnica responsable dos avisos fitosanitarios de Areeiro, Rosa Pérez, volve recomendar ler moi ben a etiqueta dos produtos fitosanitarios para coñecer o prazo de seguridade e así saber cantos días deben transcorrer entre a aplicación e a recolección. Ademais, débese atender ás etiquetas, que informa de cales son os cultivos sobre os que está autorizado o produto, as doses de aplicación e outros datos de interese como posibles riscos. 


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate