30 ago. 2018

Solo Xunta parece volcarse con los afectados por la explosión de Tui. Por el momento, Deputación y Gobierno central estarían echados al monte, advierte la conselleira Vázquez Mourelle

RBT, news magazine provincial. Tui.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Tui, Carlos Vázquez, e con representantes dos veciños de Paramos
ETHEL VÁZQUEZ AVANZA A AMPLIACIÓN NUN MES DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA VIVENDA E ENXOVAL AOS VECIÑOS DE TUI AFECTADOS POLA EXPLOSICÓN PIROTÉCNICA 

  • Vázquez Mourelle pídelle ao Goberno de España que “en vez de poñerse de perfil, arrime o ombreiro para axudar aos veciños de Paramos"
  • A Xunta reiteraralle de novo ao Goberno central que asuma as tarefas de desentullo, complemente as axudas autonómicas e arbitre os mecanismos para que as subvencións queden exentas do Imposto da Renda ás Persoas Físicas
  • Subliña que a Xunta concedeu 21 subvencións para aloxamento provisional e das 107 solicitudes de axudas para reparar vivendas e enxoval, 66 expedientes teñen resolución favorable, cun importe de 1,5 M€, dos que  están aboados máis do 40%
  • Fai fincapé en que as axudas activadas desde a Xunta superan os 8 millóns de euros e son compatibles coas doutras administracións
  • Lamenta a pasividade da Deputación provincial, limitándose a ofrecer ao Concello a posibilidade de presentarse a convocatorias non específicas para este desastre
 A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo un encontro co alcalde de Tui, Carlos Vázquez, e con representantes dos veciños afectados pola explosión pirotécnica, na que avanzou a ampliación nun mes do prazo para solicitar axudas para vivenda e enxoval.
Vázquez Mourelle explicou que o prazo remataba a vindeira semana, o 6 de setembro, pero alóngase para que os veciños teñan máis tempo para decidirse a solicitar estas axudas e reunir a documentación necesaria.
Subliñou que a Xunta xa ten concedido as 21 subvencións para aloxamento provisional que cumprían os requisitos e no marco das axudas destinadas a reparar as vivendas e enxoval doméstico, foron 107 as solicitudes presentadas e obxecto de resolución favorable 66 expedientes, axudas por importe de 1,5 M€, dos que xa están aboados máis do 40%. 
Fixo fincapé en que as axudas activadas desde os distintos departamentos da Xunta superan os 8 millóns de euros e son compatibles coas doutras administracións, polo que é fundamental que se impliquen tamén o Goberno central ou a Deputación Provincial.
A conselleira insistiu en que as dimensións do acontecido en Paramos fan necesaria a colaboración de todas as administracións e nesta liña pídelle ao Goberno de España que “en vez de poñerse de perfil, arrime o ombreiro para axudar aos veciños".
A Xunta reiterará de novo, tras facelo xa o presidente da Xunta no encontro con Pedro Sánchez en xullo, que o Goberno central asuma as tarefas de desentullo, complemente as axudas autonómicas e arbitre os mecanismos para ofrecer beneficios fiscais aos afectados,  para que as subvencións queden exentas do Imposto da Renda ás Persoas Físicas.

A titular autonómica de Vivenda tamén lamentou a pasividade da Deputación provincial, limitándose a ofrecer ao Concello a posibilidade de presentarse a convocatorias non específicas para este desastre. 



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate