31 ago. 2018

Rueda: “É un feito constatable que seguimos tendo un papel moi importante que desenvolver no PP nacional, que é tanto como dicir no futuro de España”

31/8.  Na visita á Carballeira de San Xusto para supervisar a montaxe do acto do inicio do curso político
Rueda: “É un feito constatable que seguimos tendo un papel moi importante que desenvolver no PP nacional, que é tanto como dicir no futuro de España”
  • Sinala que en Cerdedo-Cotobade vanse marcar as prioridades da acción política do PP, non só a nivel de Pontevedra e de Galicia, tamén a nivel nacional.
  • “Imos falar do traballo que temos por diante para preparar as municipais como sempre o fixo o PP, con unidade, coa garantía de un liderado forte como o de Alberto Núñez Feijóo e o traballo tanto na Xunta de Galicia como en moitos concellos nos que goberna o PP”.
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a Carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade para supervisar a montaxe do acto do inicio do curso político do PP a nivel nacional, que mañá reunirá a preto de 1.500 persoas entre cargos de partido e militantes das catro provincias galegas. Ademais de Rueda, tamén participarán neste inicio do curso Pablo Casado, Alberto Núñez Feijóo e o presidente local de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.
O líder provincial amosouse plenamente satisfeito “porque por terceiro ano consecutivo volvemos a Cerdedo-Cotobade e é unha honra que o novo presidente siga mantendo esta tradición”. Nesta liña, subliñou que o PP, a pesar de experimentar unha renovacion profunda, non prescinde do que funciona, como o inicio do curso político nesta provincia. “Estamos seguros de que tiñan moitas peticións para facelo noutros lugares, pero el apostou por mantelo na nosa provincia”, resaltou. Xunto con Pablo Casado tamén estará o secretario xeral do PP, Teodoro García, entre outros cargos nacionais do partido.
Rueda confía en que non se perda esta costume, “e que mañá sirva de igual xeito que se fixo noutros anos, para marcar as prioridades da acción política do PP, non só a nivel de Pontevedra e de Galicia, senón tamén a nivel de toda España”. 
“Para iso ven o presidente nacional. Con todo o que aconteceu nos últimos meses e pensando en todas as citas electorais que hai en menos dun ano, en Galicia municipais e europeas, pero no resto de España tamén autonómicas, este inicio do curso político require especial importancia”, destacou. Por iso agradeceu especialmente “que volva a estar aquí o centro da vida política nacional, que Pablo Casado apostase por continuar este acto na provincia e dese xeito demostrar a importancia que Galicia ten no PP. É un feito constatable que o Partido Popular de Galicia segue tendo un peso e un papel moi importante que desenvolver no PP de España, que é tanto como dicir no futuro do país de aquí adiante”.
Ademais, dixo que mañá será a oportunidade para “falar do traballo que temos por diante para preparar as municipais como sempre o fixo o PP, con unidade, coa garantía de un liderado forte como o de Alberto Núñez Feijóo e o traballo tanto na Xunta de Galicia como en moitos concellos nos que goberna o PP”. Nesta liña, recordou que “temos moito que facer, moito que explicar, moitas candidatas e candidatos por presentar e moita labor para seguir mantendo a confianza dos galegos”.



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate