29 ago. 2018

Otra vez el caos organizativo del Gobierno municipal del BNG lleva a un fin de semana infame en Pontevedra

RBT, news magazine provincial. Compostela.
No es la primera vez que esto sucede. Dentro de las obsesiones que el Bloque gobernante en Pontevedra ciudad tiene, está el fomentar las pruebas de Triatlón. Es una obsesión la que muestran desde hace años con esta disciplina deportiva, en detrimento de otras, claro está. Pero el asunto no tendría mayor importancia, si no fuera porque los Lores&cía presos de su entusiasmo, tiran p´alante y montan habitualmente, cuando hay estas pruebas, unos cirios de padre y señor mío, un caos urbano que afecta a no pocos pontevedreses. Las medidas que se adoptan, que se imponen para mejor decir -que es lo que le gustan a los Lores, poner notas y ordenar... sin oír antes a los vecinos- y luego pasa lo que pasa...



Os populares esixen ao Goberno local “máis previsión e máis diálogo” para evitar que se repitan problemas como os ocasionados esta fin de semana durante a celebración do Campionato de Tríatlon. “A prioridade deben ser os veciños e os comerciantes de Pontevedra, non a propaganda do BNG”, destacou este mércores o edil popular, José Luis Martín, en rolda de prensa.
“A falta de previsión foi evidente. O Goberno de Lores non contemplou os posibles problemas que se poderían ocasionar coa celebración deste campionato e por iso as queixas veciñais obrigaron á propia Carme da Silva a pedir desculpas, aínda que non con toda a sinceridade que nos gustaría”, sinalou Martín, pois “con soberbia, declarando que Pontevedra semellaba unha cidade Olímpica, faltou ao respecto tanto aos comerciantes como aos veciños que se viron illados durante a realización desta proba”.
Dende o Grupo Popular lamentan que “veciños das rúas Cruz Vermella e Santa Clara, ou veciños do rural como os de San Caetano, Guxilde e Touceda, en Alba, se sentisen secuestrados nas súas propias casas”. “Ningunha oferta, ningunha solución, ningún tipo de diálogo”, manifestou o concelleiro popular, “cortar unha estrada nacional como a N500 é algo moi serio e non se mediron as consecuencias”.
“Tamén o comercio local sufriu o desprezo do Goberno de Lores”, engadiu, “podería terse facilitado o acceso á Praza de Abastos e a zona monumental, pero para o BNG o importante era a propaganda. A economía e os postos de traballo, como sempre, non se tiveron en consideración”, puntualizou Martín, “foi un día perdido en ventas e na promoción do noso comercio local”.
“O PP non se opón á celebración de competicións como esta, en absoluto”, aclarou o concelleiro popular, “se algo precisa a nosa cidade é promoción, que a coñezan, Pontevedra ten que estar situada no mapa, pero neste caso centráronse máis na propaganda e esqueceron aos propios veciños e comerciantes de Pontevedra”. 
“Esta falta de previsión e de diálogo son signos de que tras 20 anos no poder, o BNG se sinte canso e pensa que non ten que dar demasiadas explicacións. Nesta cidade fai moito tempo que se deixou de dialogar”, destacou o edil popular
Dende a formación que encabeza Rafa Domínguez insisten en “facer unha oposición en positivo” e por iso formulan medidas asumibles que pasan polo diálogo cos veciños e coas asociacións de comerciantes pois eles xa advirten dos problemas aos que se lle poderían dar solución con previsión. Permitir aparcar en zonas de servizos ou de carga e descarga; dar prioridade aos veciños afectados nos aparcamentos disuasorios; permitir o acceso á Praza de Abastos; maior e mellor información...son algunhas das medidas que propoñen para evitar problemas como os sufridos polos nosos veciños a pasada fin de semana.  “Temos ante nós un reto, o Mundial Multisports 2019, por iso esiximos cambios, máis previsión e máis diálogo por parte do Goberno Local”, sentenciou Jose Luis Martín.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate