29 ago. 2018

Bueu busca la construcción de un paseo entre las playas de banda do Río y Beluso

RBT, news magazine provincial. Bueu.
O CONCELLO DE BUEU BUSCARÁ  A CONSTRUCIÓN DUN PASEO ENTRE AS PRAIAS DA BANDA DO RÍO E BELUSO
  • O alcalde da vila mantivo esta unha reunión no Servizo de Costas en Pontevedra para abordar esta actuación
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, mantivo na mañá deste mércores unha reunión no Servizo de Costas de Pontevedra, na que abordou diversas cuestións de interese para o municipio, sendo a máis destacable a da senda peonil / paseo marítimo entre a praia da Banda do Río e a de Beluso, unha iniciativa moi importante xa que resolvería un problema moi importante de mobilidade e permitiría á cidadanía transitar de forma segura por este espazo.
Juncal mostrou a “prioridade do goberno” para conseguir acometer esta actuación para a que xa se conta cun proxecto do ano 2009 que agora será revisado para adaptalo ás necesidades do momento. Por iso, o Concello porá en marcha de xeito inmediato esta iniciativa, remitindo unha solicitude formal e por escrito, xunto co proxecto técnico, para acadar a autorización do Ministerio de Fomento e con iso xestionar as vías de financiamento para a actuación, que ademais dunha pasarela se completaría con mobiliario urbano.
Tras o encontro, o alcalde manifestou a necesidade de que “todas as administracións vaiamos resolvendo estas necesidades cada vez máis demandadas pola sociedade”, que non só camiñen na consecución duns espazos de tránsito seguros senón tamén que fomenten o coñecemento sobre o medio ambiente e a propia contorna. 

Con esta idea foi construída a pasarela de madeira da praia de Beluso, unha obra levada a cabo por Portos de Galicia, e que agora o Concello busca continuar cunha actuación máis ambiciosa que vincularía dous espazos moi transitados como son a praia de Beluso  e a da Banda do Río. 


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate