31 ago. 2018

A AULA DE CABO UDRA REMATA O CICLO DE CURTAMETRAXES SOBRE A NATUREZA

A AULA DE CABO UDRA  REMATA O DOMINGO O CICLO DE CURTAMETRAXES SOBRE A NATUREZA
  • A sesión terá lugar ás 19.30 horas con acceso de balde ata completar aforo
  • O sábado continuarán as camiñadas pola Ruta dos Pazos, con saída ás 9.30 h desde o Museo Massó
O Concello de Bueu, en colaboración coa Asociación FICBUEU e a Deputación de Pontevedra, organizaron nas tres últimas semanas un ciclo de curtametraxes co obxectivo de dinamizar o espazo da Aula da Natureza de Cabo Udra, que permanece aberto todas as fins de semana ata o 30 de setembro. O ciclo remata o vindeiro domingo, 2 de setembro, coa proxección de “Bágoas negras de Uxía Diéguez, “Eucalyptus” de Elena Rodríguez e Miguel Souto, “Celle qui traversa le sol”, de Philippe Roux, e “Crossings” de Martin Sercombe, filmes que se poderán ver  a partir das 19.30 h.
“Eucalyptus” aborda o tema do impacto ambiental e económico do eucalipto en Galicia. A  profunda reforestación das últimas décadas ten minguado a paisaxe galega e está destruíndo a biodiversidade autóctona, algo que se mostra no documental.
“Celle qui traversa le sol” parte dun accidente de coche e dunha muller gravemente ferida deitada no chan dun bosque.
“Crossings” supón un retrato de Whatipu, un solitario lugar salvaxe de beleza austera na costa oeste de Auckland, en Nova Zelanda. 
E “Bágoas negras” aborda o drama dunha familia mariñeira que ve como afunde o Prestige e cambia as súas vidas.
Ruta guiada polos Pazos e actividades para a rapazada
Por outra banda, o Concello de Bueu comeza o mes de setembro de forma moi activa, e continúa o sábado coas camiñadas, concretamente pola Ruta dos Pazos, que partirá ás 9.30 h do Museo Massó. E para o seguinte sábado remata o programa de rutas por Cabo Udra, con saída desde a praia de Beluso.
Tamén a rapazada disporá de diversos plans para gozar da fin de semana. Precisamente, a praia de Area de Bon acolle mañá de 12 a 14 h un obradoiro de xogos relacionados cos ecosistemas mariños e coa concienciación medioambiental. 

E no Centro de Interpretación de Agrelo, que pecha esta fin de semana as súas portas ata o vindeiro ano, haberá un obradoiro de reciclaxe de plásticos no mar, no que os máis pequenos e pequenas prepararán manualidades para transmitir a necesidade de reciclar e protexer o medio ambiente.  Os xogos organizaranse o sábado e domingo e non se precisa inscrición. 



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate