31 ago. 2018

31/8. Ence lanza un pioneiro programa de fidelización para produtores forestais

Ence lanza un pioneiro programa de fidelización para produtores forestais·       Trátase dunha iniciativa que contribuirá a mellorar a xestión forestal e premiará a fidelidade das asociacións de propietarios con puntos trocables por servizos.
·       A Asociación de Produtores de Madeira de Viveiro (Promavi), foi a primeira entidade en adherirse ao Programa.
Ence-Energía y Celulosa presentou en Viveiro (Lugo) un Programa de Puntos para asociacións de produtores forestais. Trátase dunha iniciativa pioneira cuxo obxectivo é contribuír á mellora da xestión forestal e reforzar as relacións entre a compañía e os produtores de madeira, mediante a creación dun programa de puntos que premiará a fidelidade e compromiso dos propietarios.
Os puntos acumulados polas asociacións adheridas ao programa serán trocables por servizos dispoñibles no catálogo de Ence, tales como planta mellorada, fertilizante, tratamentos fitosanitarios, rozas, mantemento de pistas e devasas, etc.
A Asociación de Produtores de Madeira de Viveiro (Promavi), foi a primeira entidade en adherirse a este Programa tras a firma dun convenio de colaboración con Ence no mesmo acto de presentación, un evento no que estiveron presentes o director xeral de Cadea de Subministración de Ence, Álvaro Eza, e o presidente da entidade, Manuel Galdo.
Na presentación do programa, Álvaro Eza afirmou que “estamos convencidos de que este Programa supoñerá un importante impulso para a mellora da xestión forestal de asociacións e propietarios, o que redundará nun aumento de rendemento e rendibilidade dos seus cultivos forestais”.  Eza tamén sinalou que “confiamos en que esta iniciativa traducirase, así mesmo, nunha contribución directa ao coidado do medioambiente e a loita contra os incendios, porque o monte ben xestionado e mantido presenta un risco moito menor de incendios”.
Tres categorías para premiar a fidelidade dos produtores
O Programa de Puntos de Ence parte da creación de tres categorías que se asignarán aos produtores na firma do acordo de adhesión da asociación ao programa, e revisaranse anualmente na renovación do convenio de compra. As categorías serán Platino, Ouro e Bronce, e estableceranse en función de varios parámetros acordes aos compromisos pactados con Ence.
En función do grao de cumprimento destes parámetros e dos seus obxectivos trimestrais, as asociacións de produtores recibirán a final de ano un número determinado de puntos, aos que poderán sumarse puntos adicionais obtidos coa participación da asociación noutras campañas de compra ás que se adheriron.


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate