9 jun. 2018

Viviendas afectadas tras la explosión de Tui : Deputación incorporará más personal para garantizar la seguridad

Rías Baixas TRIBUNA, en Tui.
O goberno da Deputación de Pontevedra incorporará desde este próximo luns novos efectivos do Consorcio Contra Incendios, adscrito á institución provincial, á zona cero da explosión de Paramos en Tui, a fin de que o persoal técnico que está a realizar a avaliación dos danos poida rematar no prazo dunha semana coa inspección das preto de cen vivendas más afectadas pola explosión da pirotecnia. O deputado Carlos Font explicou hoxe na reunión do Gabinete de Crise, no Centro de Formación de Tui, que a nova planificación do traballo permitirá dispor de efectivos contra incendios para a zona cero, e que os parques da provincia poidan seguir a traballar en calquera outra incidencia. O persoal do Consorcio, que xa estivo en Paramos nos últimos días, poderá garantir así a seguridade das persoas técnicas que están a facer a inspección das vivendas e, por outra banda, permitir que as propietarias e propietarios poidan acceder ás edificacións para recoller as súas pertenzas. De feito, os efectivos contra incendios acompañan ao persoal técnico e ás veciñas e veciños, desprecintan e desbloquean as entradas, e están a colocar puntais para facilitar un acceso seguro. Con esta planificación, a inspección das cerca de 100 vivendas sinistradas poderá rematar no prazo dunha semana e proceder despois a delimitar o perímetro da zona cero.  Amais, na reunión tamén se aprobou que o responsable dos efectivos contra incendios se sume á reunión do próximo luns da Xunta Local de Seguridade
Por outra parte, a Deputación sumouse, como xa fixo o pasado sábado, á petición ao Goberno do Estado para que aprobe a Declaración de Zona Gravemente Afectada Por Emerxencia de Protección Civil e que, aínda sendo conscientes da recente toma de posesión do novo executivo, se procure no prazo máis breve posible que a declaración se incorpore á axenda do novo Consello de Ministras e Ministros. Igualmente, o deputado Carlos Font sumouse, en nome do goberno provincial, ás peticións da Plataforma de Persoas Afectadas para que se dote de asistencia psicolóxica as vítimas cunha praza temporal en Tui, para evitar que teñan que desprazarse por vía ordinaria ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Amais, o Gabinete de Crise deixou constancia da necesidade dun estudio de xestións de residuos previo a realización do desentullo da zona afectada debido á presencia de contaminación por amianto, así como a incorporación do 112 as reunións para unha maior coordinación dos efectivos de emerxencias. Na reunión actualizouse o número de persoas, vivendas e bens con danos pola traxedia. Hai actualmente 386 expedientes abertos; 792 persoas afectadas, 37 feridas (7 delas menores), ningunha xa hospitalizada; 31 vivendas derruídas; 86 afectadas nas súas estruturas e 311 con outros danos; e 66 vehículos danados.
Viviendas afectadas tras la explosión de Tui : Deputación incorporará más  personal para garantizar la seguridad






Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate