6 jun. 2018

O goberno de Vigo encarga a renovación do abastecemento no entorno de San Roque

Rías Baixas TRIBUNA, news magazine provincial de actualidad análisis, divulgación y crítica. 6 de junio de 2018.

O goberno de Vigo encarga a renovación do abastecemento no entorno de San Roque

En Xunta de Goberno Local, da que informou este martes o alcalde Caballero, o goberno vigués acordou encomendar a Aqualia o proxecto de substitución das redes de fibrocemento no ámbito de San Roque – Ribadavia. Caballero puxo en valor os "centos de quilómetros" de canalizacións cambiadas no seu mandato.
Abel Caballero informou do encargo a Aqualia para renovar as canalizacións de fibrocemento no ámbito de San Roque – Ribadavia, conducións envellecidas que poden causar un deterioro estrutural na rede de abastecemento de auga. O Concello procura así mellorar a calidade do servizo, minimizar as fugas e evitar interrupcións no subministro.
"Seguimos con esta inmensa transformación de saneamento e abastecemento que estamos a facer na cidade, con centos e centos de quilómetros, algo sen precedente na cidade", resaltou o alcalde, quen engadiu que "estamos a suplir as ineficiencias de gobernos anteriores que non fixeron nada", e citou o exemplo da rúa Venezuela ou do propio entorno de San Roque. "Somos nós os que estamos a cambiar centos e centos de quilómetros de saneamento e abastecemento", rematou.
Por último, o alcalde vigués tamén apuntou que o goberno que preside segue adiante coa humanización da rúa Pazos, que presenta un orzamento de 136.000 euros.
Caballero

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate