9 jun. 2018

Los follones de los vuelos afectados por las obras de Peinador y las reclamaciones pertinentes

Rías Baixas TRIBUNA, en Vigo & Santiago.
A XUNTA PON TODOS OS MEDIOS Á DISPOSICIÓN DOS VIAXEIROS AFECTADOS POLAS CANCELACIÓNS DE VOOS NO AEROPORTO VIGUÉS DE PEINADOR 
  • O Instituto Galego do Consumo e da Competencia ofrece información e asesoramento a través das súas oficinas, na páxina web e no teléfono 900 23 11 23
  • O organismo autonómico, que aconsella reclamar as compañías, lembra que os viaxeiros teñen dereito á información, asistencia e ao reembolso ou alternativa
  • A Consellería de Infraestruturas e Vivenda  sinala que se programou a mellora do sistema antinéboa prevendo a menor afección e reclama medidas de resposta  
A Xunta pon a disposición dos viaxeiros afectados polas cancelacións de voos no aeroporto vigués de Peinador todos os medios cos que conta a Administración autonómica para que poidan defender os seus dereitos.
Así, todos os pasaxeiros poden recibir información e asesoramento nas oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) nas sete principais cidades galegas, así como no teléfono gratuíto 900 23 11 23. Así mesmo, na web do IGCC (https://consumo.xunta.gal) infórmase sobre diferentes aspectos dos dereitos dos usuarios do transporte aéreo. Os viaxeiros tamén teñen á súa disposición a rede de 138 oficinas de información ao consumidor que hai nos concellos (OMICS) e as asociacións de consumidores e usuarios de Galicia.
Desde o organismo dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria recoméndase presentar unha reclamación ante a compañía, que se poderá realizar por correo ordinario ou electrónico; utilizando o formulario de reclamación da empresa ou o que facilita a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA).
No caso de non recibir resposta no prazo dun mes ou esta non ser satisfactoria, os afectados poden presentar unha reclamación ante a AESA, que emitirá unha resolución que debe trasladar á compañía para que a cumpra. No caso de non facelo, os viaxeiros poden interpoñer unha reclamación en calquera das oficias do IGCC ou acudir á vía xudicial.
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia lembra que, segundo recolle o Regulamento europeo (CE) 261/2004, os dereitos dos consumidores no caso dunha cancelación son, ademais do dereito á información sobre a situación e os dereitos que os asisten, o dereito de asistencia, o que inclúe comunicacións, manutención, aloxamento e transporte de ser necesario. Tamén poderán reclamar unha indemnización por danos e prexuízos.




Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate