4 jun. 2018

Jacobo Moreira arroja la toalla, cederá este mes el liderazgo del PP en Pontevedra y abandonará el Concello

Rías Baixas TRIBUNA, news magazine provincial de actualidad análisis, divulgación y crítica. 4 de junio de 2018.
Jacobo Moreira arroja la toalla, cederá este mes el liderazgo del PP en Pontevedra y abandonará el Concello
O presidente local do Partido Popular de Pontevedra, Jacobo Moreira confirmou este luns a súa decisión de non presentarse á reelección como presidente da Xunta Local de Pontevedra no XII Congreso local que os populares da cidade do Lérez celebrarán a finais deste mes de xuño. 
Aínda que o anuncio se fixo público o pasado sábado, hoxe Moreira compareceu ante os medios de comunicación para expoñer os seus motivos e cumprir así co prometido ao longo dos últimos meses ante as constantes preguntas sobre o seu futuro. “Sempre dixen que o faría público unha vez se convocase o Congreso e aquí estou”, puntualizou. 
“Está é unha decisión consensuada co partido”, confesou, “creo e estou convencido de que a renovación é boa e necesaria para que o PP siga medrando”, destacou na rolda de prensa celebrada esta mesma mañá na sede local da formación. 
“Asumín a Presidencia do Partido no ano 2014, nunha etapa difícil, con moitas cousas por facer e cunha serie de proxectos encamiñados a revitalizar a formación, un proxecto integrador, pero tamén marcado pola renovación e co propósito de falar menos, escoitar máis e estar preto dos veciños de Pontevedra. Un traballo duro, pero ilusionante”, manifestou Moreira ante os medios de comunicación, “creo que deixo un Partido mellor do que o atopei”.
“Collín o Partido no ano 2014 cando viña de obter 8.560 votos nas eleccións europeas , e déixoo con 17. 839 votos recollidos nas eleccións autonómicas de 2016. Duplicamos o número de apoios electorais dos veciños de Pontevedra”, lembrou, “isto non é mérito meu, senón do Partido, pero temos que seguir medrando e medrar pasa por gañar. Por gañar a única convocatoria que ata agora se nos resiste: as eleccións municipais”, continuou, “este reto hai que afrontalo e gañalo e estou convencido de que o Partido Popular o pode lograr porque somos a única formación que pode ofrecer unha alternativa de Goberno en Pontevedra”, engadiu.
“Pilotei o Partido durante estes catro anos e agora é preciso un novo impulso que debe vir acompañado dunha renovación e dun novo equipo”, puntualizou Jacobo Moreira, “hai que seguir mellorándoo” e “seguirei defendendo os intereses da miña cidade e dos meus veciños dende o Parlamento de Galicia”.
Agradecementos
Jacobo Moreira aproveitou tamén a comparecencia para agradecer ao Partido Popular “a oportunidade que me brindaron tendo o honor de ser o presidente do Partido Popular da miña cidade”. Así, “comezando polos afiliados que me deron o seu aval e que me votaron”, tamén lembrou “a todos os que, con moitos anos de experiencia ás súas costas e sendo militantes históricos do Partido, me ofreceron o seu apoio; aos membros da Xunta local e do Comité Executivo; aos meus compañeiros do Grupo Municipal; ao meu antecesor, Telmo Martín; ao actual presidente provincial, Alfonso Rueda, e a Rafael Louzán; ao presidente Alberto Núñez Feijóo e ao presidente Mariano Rajoy, e especialmente a Ana Pastor polo seu apoio constante”.

Tras agradecer aos medios de comunicación “terme dado voz durante estes anos e darme a posibilidade de chegar a moitos veciños de Pontevedra”, Moreira lembrou que “se abre un novo tempo para que o partido elixa á persoa que debe dirixir a formación durante os vindeiros anos e dende xa me poño á súa disposición”. “O Partido Popular vai a pola Alcaldía de Pontevedra nas vindeiras eleccións municipais e este é o camiño”, sentenciou Jacobo Moreira.


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate