10 jun. 2018

El Choco tiene tomada la medida a la prueba : otra vez campeón de la "Copa Deputación"

Rías Baixas TRIBUNA, en Lourambal (O Porriño).
Póker de títulos para o Club Deportivo Choco, que xa é equipo récord da Copa  Deputación de fútbol, ao impoñerse este sábado no Lourambal, con excelente entrada, ao Agrupación Estudantil (4-1). O equipo de Redondela era o favorito (un 3ª División fronte a un Preferente Norte) para sumar o seu cuarto título consecutivo e así o demostrou ao sumar a súa vitoria número 25 no torneo provincial desde que iniciou a súa senda triunfal pola proba en 2015 e deixou sentenciada a final ao sexto minuto de xogo, o que tardou Pablo  Couñago en marcar.
Ben certo é que o Estudantil saíu con timidez, pouco que ver co equipo que  loitou no duelo da Estrada ante o Estradense, noutra gran xornada da Copa  Deputación. Esta vez, os de Gelucho mostráronse  pouco expeditivos atrás e  Couñago plantouse só para tentar a vaselina ante  Brais, que puido tocar, pero o “9”  redondelán non perdoou no rebote:  remate de cabeza e gol. O Estudantil non combinaba e o Choco, cun sólido centro do campo, creaba ocasións.  Couñago tería outro man a man, insistía en picar o coiro e  Brais atallábao. O dianteiro centro acaba o torneo con 6 tantos e co oficioso título de “pichichi”. Os de Marcos Montes mandaban e creaban moito perigo polas bandas, especialmente pola de  Chiqui. O gol víase vir e chegou.  Davicín fusilaba o 2-0 tras acción persoal de  Comis. Nunha  galopada,  Chiqui sumaba o terceiro. E o cuarto. Cheiraba a maior goleada. 
Con 4-0 ao descanso e apenas un croque de  Caraban e un disparo desviado de Jacobo, a afección do Estudantil pedía ao seu equipo máis ímpeto. Escoitáronlles no segundo período. A eles e ao seu adestrador, Gelucho. E antes de concluído o primeiro minuto do segundo período o Estudantil marcaba o gol da honra en xogada pola banda dereita. Rial anotaba tras rexeite do meta ao disparo de Alberto.  O Choco contemporizou, a  Couñago foille anulado un gol por fóra de xogo e o seu substituto, Escobar, tivo dúas ocasións moi claras para marcar. Non era o seu día e si o de  Brais, a excelente meta estradense. O Estudantil non baixou os brazos, tentou marcar un segundo tanto por medio de  Brais ou de Jacobo, pero tivo que conformarse con chegar á final.  O Choco xa é lenda na Copa  Deputación.
FICHA
Choco: Adrián;  Yago, Rubén, Lucas,  Xián, Alberto Suárez ( Javi,  min. 75),  Rancaño,  Comis,  Davicín (Vilas,  min. 58), Pablo  Couñago (Escobar,  min. 68) e  Chiqui. 
Estudantil:  Brais; Jacobo, Diego Pena,  Caraban (Carlos,  min. 56),  Mateo,  Guille ( Roi  Peiteado,  min. 22), Bruno (Fran,  min. 81), Fer (Alfonso,  min. 46),  Brais Calvo, Alberto e Rial (Denis,  min. 84). 
Goles: 1-0 ( min. 6),  Couñago. 2-0 ( min. 15),  Davicín. 3-0 ( min. 20),  Chiqui. 4-0 ( min. 25),   Chiqui. 4-1 ( min. 46), Rial.
Árbitro: Rubén Estremadura (comité galego). Amoestou polo Choco a  Xián e Rubén, e polo Estudantil a Alfonso, Carlos e Jacobo.
Incidencias: Municipal do Lourambal. Boa entrada, con afeccionados do Estudantil desprazados desde A Estrada. Carmela Silva, presidenta da  Deputación, fixo entrega do novo trofeo, elaborado en pedra pola Escola de  Cantería, ao capitán do Choco. A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, entregou o do finalista.     
El Choco tiene tomada la medida a la prueba : otra vez campeón de la "Copa Deputación"
Choco campeón de la Copa Deputaciòn 2018





Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate