4 jun. 2018

Corte de tráfico en la carretera provincial Meira-Fraga por las obras de la Autovía do Morrazo

Rías Baixas TRIBUNA, news magazine provincial de actualidad análisis, divulgación y crítica. 4 de junio de 2018.

CORTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL MEIRA-FRAGA POLAS OBRAS DA AUTOVÍA DO MORRAZO

A vía de unión entre a PO-313 e a PO-551 estará pechada baixo o viaduto de 
A Fraga durante dous meses a partir de mañá mércores

A estrada provincial EP-1102 entre Meira e Fraga, dentro do termo municipal de Moaña, estará cortada ao tráfico entre os puntos quilométrico 2+400 e 2+600 durante dous meses debido aos traballos de construción do viaduto de A Fraga, dentro do proxecto de conversión en autovía do Corredor do Morrazo.
O corte ao tránsito iniciarase ás nove da mañá deste mércores día 6 e prolongarase durante dous meses, ata agosto, baixo o viaduto existente para a calzada esquerda. A empresa responsable dos traballos, a UTE Morrazo (formada por Covsa e Taboada y Ramos), necesitará este tempo para instalar as dúas pías (a 2 e a 3) da nova ponte.
A estrada EP-1102 é titularidade da Deputación e funciona de conexión entre outras dúas estradas autonómicas pasando polo lugar de A Fraga: a PO-313 e a PO-551. Co fin de que as persoas usuarias sufran as menores consecuencias posibles polo corte, a concesionaria instalará sinalización para advertir do peche ao tráfico e anunciará os desvíos alternativos a través de outros accesos baixo o corredor cara ao núcleo de Moaña. 
Está xa resolta tamén a dificultade que se plantexaba para o transporte escolar ata que remate o curso, cun acordo coa empresa Monbus para que realice sendas recollidas de escolares nos dous lados da vía de forma simultánea en lugar de nun único percorrido.

Hai que lembrar que a EP-1102 foi a estrada que se utilizou para repoñer o tránsito ata o núcleo da vila de Moaña mentres o corredor do Morrazo permaneceu pechado por obras.     



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate