11 jun. 2018

Copa Deputación de fútbol femenino : el título para Atlántida de Matamá que superó al Umia

Rías Baixas TRIBUNA, en Gondomar.

2.  Matamá:  Kily;  Nerea, Pipa Paz,  Ani,  Graza ( Xiana,  min. 61), Sara Porto, Lara, Natalia,  Pau (Lorena,  min. 54), Noelia e Sara  Debén. 
1. Umia  C. F:  House; San (María,  min. 85), Jessica,  Domi,  Graci, Laura (Alba  Barral,  min. 20), Paula, Eva ( Vanesa,  min. 78),  Vero (Marga,  min. 55), Antía ( Yoli,  min. 68) e Alba  Ferré.
Goles: 1-0, minuto 32:  Pau. 2-0, minuto 79: Noelia Pereira. 2-1, minuto 88: Marga.  
Árbitro:  Elena Casal, do comité galego, con Sofía Gándara e Paula  Balboa nas bandas. Amonestou polo Umia a Alba  Barral,  Domi e  Yoli.  
Incidencias: Final da IV Copa  Deputación. Municipal de As Gaiandas en Gondomar. Asistiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, ademais dos alcaldes de Gondomar e Ribadumia. 

Nun partido con título en xogo non hai inimigo pequeno nin é tan relevante a diferenza de categoría. A 90 minutos todo é posible, e o Umia achegouse a ese soño. As Viquingas de  Barrantes plantaron cara a un conxunto vigués que buscou moito fútbol directo e que só se mostrou algo máis cómodo nos primeiros minutos do segundo período.
Antes, no sexto minuto, o Umia estivo a piques de darlle un susto de morte. Un erro da zaga, deses que apenas existen no xogo defensivo das de David Ferreiro, deixou o balón franco para  Albita (Alba  Ferré), que ante a saída desesperada de  Kily mandaba o balón fóra. É desas oportunidades que non se esquecen, como a de  Tania Penedo na semifinal co Sárdoma ante o que agora é o novo campión.
As de Moisés Campos perdían un valor seguro na medular. Paula Dapena lesionouse no quecemento. Aguantou canto puido pero tivo que retirarse. E o Umia perdeu  raseo e control de balón. O aviso dado polo opoñente alertou ao Matamá, que empezou a buscar a portería a través de  Pau, cun par de lanzamentos atallados por “ House”.
Paula Alonso é un activo de enorme valor para Ferreiro. Un centro de Sara  Debén era rematado por ela de dereita. O balón saía fóra por pouco. Tres minutos despois, a mesma xogadora asinaba o 1-0. Recibía ao bordo da frontal da área, revolvíase e á media volta soltaba un  zurdazo seco e colocado, ao que non chegaba a estirada da meta  rojilla, o coiro tocaba o pau esquerdo e entraba. O favorito encarrilaba a final. Lonxe de vir abaixo, o Umia sacou o seu espírito guerreiro, o mesmo que lle levou á final sorprendendo en cuartos ao Arousá, o  sempiterno dominador do fútbol feminino na delegación de Pontevedra. Outra acción de  Ferré era sacada na liña pola central viguesa, con  Kily batida (minuto 37).
A segunda metade comezou de fronte para as amarelas. Unha combinación da liña dianteira deixaba a  Pau un lanzamento franco para sentenciar. Alto e desviado. Sara  Debén probaba fortuna. Paraba a porteira visitante. Sara Porto perdoaba. Facíase raro ver ao  Matamá tan  misericordioso. En quince minutos, tres ocasiones claras entre  Pau e Porto.
O seu rival iniciaba un carrusel de cambios buscando frescura e  voltear o senón do encontro. Antía, á saída dun saque de esquina, tivo o empate na súa cabeza. O croque fóiselle por pouco.
Noelia Pereira, un tanque crave no triunfo, habilitaba a Lorena, pero o seu remate de socato era salvado por  House botándose aos seus pés (minuto 53). A emoción pasaba dunha área a outra sen o máis mínimo descanso.
Como non hai dous sen tres, o Umia volveu a  coquetear co empate.  Yoli, aos poucos segundos da súa entrada no campo, disparaba fóra en inmellorable posición ( min. 69). Ata que apareceu Noelia.  Galopada, habilidade, velocidade e forza ante as centrais, das que se ía, e chute á dereita da meta viquinga para subir o 2-0. Faltaban só dez minutos.
Campos esgotaba os cambios e o premio á súa ambición táctica chegou no 43, cunha combinación definida por Marga para o 2-1. A bancada vibraba de paixón. Houbo tempo para que 9 sentenciase e  House, do mellor da final, impedíseo, e pouco máis. 
O  Matamá convertíase no terceiro equipo vigués en conquistar a Copa  Deputación tras El Olivo (2016) e C.D. Sárdoma (2017). Na entrega de premios, a Atlántida de  Matamá fixo o corredor ao Umia e as xogadoras do equipo do Salnés corresponderon co corredor ás campioas. Lección de clase. Todo ben.
Copa Deputación de fútbol femenino : el título para Atlántida de Matamá que superó al Umia


















Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate