6 jun. 2018

Ángel Moldes: “a Carmela Silva parécenlle pouco os 23 millóns da Xunta e ela é incapaz de repartir un euro entre os concellos afectados”

Rías Baixas TRIBUNA, news magazine provincial de actualidad análisis, divulgación y crítica. 6 de junio de 2018.

Sobre os investimentos para paliar os danos da vaga de lumes de outubro
Ángel Moldes: “a Carmela Silva parécenlle pouco os 23 millóns da Xunta e ela é incapaz de repartir un euro entre os concellos”
  • O voceiro do grupo provincial convida á presidenta a que se involucre e cubra o 50% dos danos que se declararon en bens de titularidade municipal, como xa o fan outras institucións provinciais.
O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, critica o “atrevemento” da presidenta da Deputación, Carmela Silva, para chamar limosna aos 23 millóns de axudas da Xunta para paliar os danos da vaga de lumes de outubro, cando a día de hoxe a Deputación de Pontevedra non destinou axudas económicas a ningún dos concellos afectados nesta provincia.
“A Carmela Silva parécenlle pouco os 23 millóns da Xunta, e ela é incapaz de repartir un só euro entre os concellos, a pesar de que é a Deputación de Pontevedra a administración máis próxima a eles”, lamentou Moldes, que convida á presidenta a que “de unha vez por todas se deixe de postureos e se involucre de verdade, como xa están facendo outras institucións provinciais”. 
O popular recorda que na caixa da Deputación “hai cartos” para poder facer fronte a esta ou outras axudas, “sempre que haxa vontade real”. O problema, insiste, é que “este Goberno e esta presidenta levan tres anos de discursos baleiros de contido, con moitas palabras e anuncios que buscan un impacto mediático, pero con moi pouca xestión”. 
Así, apunta que na caixa da Deputación hai 163 millóns de euros por non ser capaz o Bipartito de executar os orzamentos na súa totalidade nos últimos anos, polo que o PP convida a Carmela Silva a que gaste un destes millóns para facer fronte ao 50% dos danos que se declararon en bens de titularidade municipal en 41 concellos da provincia. En total, explica Moldes, os danos teñen un valor de 2 millóns de euros, pero do millón restante xa se encarga a Vicepresidencia da Xunta. “Recursos hai, polo tanto o que falta é vontade para colaborar cos concellos”.
O voceiro critica, ademais, que Carmela Silva non aprobou o reparto de un só euro a pesar de que prometeu 90 millóns en axudas para socorrer aos concellos, “un compromiso que fixo a golpe de impulsos mediáticos e que sabía que ía incumprir”.

Moldes lamenta que cando todas as administración deberían ter traballado de forma conxunta e coordinada para axudar aos concellos, sexa precisamente a  Deputación a que estea restando.





Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate