24 abr. 2018

Pontevedra : el PP vuelve a exigir al Bloque que se deje de vainas y establezca de una vez transporte público urbano

REDACCIÓN / 23-4-18.
Os populares no Concello de Pontevedra solicitan a elaboración dunha ordenanza de mobilidade sostible que substitúa a obsoleta normativa de circulación vixente na actualidade. “Queremos unha ordenanza acorde ao século XXI”, recalcou este martes o concelleiro popular, Jose Luis Martín, en rolda de prensa, tras lembrar que a actual ordenanza de circulación data do ano 1989 e tan só sufriu unha modificación puntual no 2012 para establecer o máximo de velocidade en 30km/h nas vías urbanas do término municipal de Pontevedra.
A formación que encabeza Jacobo Moreira considera necesario que esta nova ordenanza fomente o uso do transporte público urbano como alternativa ao uso dos vehículos privados, “pois é o único xeito de eliminar os coches do centro da cidade”, apuntou o edil popular.
Ademais, nesta nova ordenanza, a formación popular volve a esixir que se contemple a bicicleta como medio de transporte. “O seu incremento nas nosas rúas é notable polo que faise necesario regular o seu uso atendendo así ás peticións que dende diversos colectivos ciclistas veñen demandando dende hai moitos anos. Temos que regular o seu uso nas zonas peatonais e espazos públicos para preservar e garantir a protección dos peóns”, recalcou Martín tras lembrar que xa en xaneiro de 2016, o Grupo Popular solicitou a inclusión da bicicleta como medio de transporte, e mesmo que todos os proxectos de reforma urbana contemplasen a implantación de carris-bici. A moción foi aprobada en Pleno, pero o Goberno de Lores non ten feito nada por cumprila.
Outro dos aspectos que debe regular esta nova ordenanza son os vehículos de mobilidade persoal (patinetes eléctricos, segways e plataformas), “dispositivos que cada día son máis frecuentes nas rúas da nosa cidade e que na actualidade atópanse no limbo”, destacou o concelleiro popular, “son os concellos os que deben regular o uso de ditos dispositivos nas rúas e espazos públicos tal e como indica a DGT. A actual ordenanza non os contempla polo que non poderían utilizarse nin nas beirarrúas, nin nas calzadas”, engadiu.
Ademais, esta nova ordenanza regularía os redutores de velocidade e as zonas de estacionamento (carga e descarga, servizos).
“A actual normativa necesita unha revisión completa, posto que non contempla os cambios acadados co paso do tempo. Precisa adaptarse á Pontevedra actual”, manifestou Martín. “Queremos equiparar a nosa cidade coas cidades modernas en mobilidade sostible e cumprir así cos compromisos de Europa en materia de redución de gases”, sentenciou Jose Luis Martín.



Páginas