23 abr. 2018

Otro enfrentamiento del Alcalde de Vigo con la Xunta (alegando un quítame allá una zona verde) pone en peligro la construcción de 1.600 viviendas protegidas en Navia.

REDACCIÓN / 24-4-18. Nuevo lío entre Abel Caballero y la Xunta. El alcalde de Vigo interpreta que la Xunta pretende con su reforma del plan parcial de Navia, sustituir espacios verdes por aparcamientos en algunas zonas. Estima que estas zonas son propiedades municipales y... no le da la gana de dejar que en ellas la Xunta arbitre soluciones dotacionales para las 1.600 viviendas que está dispuesta a construir en el polígono de Navia.

El gobierno del Concello de Vigo se ha limitado a una pobre nota para justificar este enésimo enfrentamiento con la Xunta. Esta, por su parte, ha ido mucho más allá y ha puesto al Gobierno Caballero. otra vez contra la pared... Veamos las razones de ambas partes.

CONCELLO
"O rexedor garante a permanencia das zonas verdes municipais de Navia"

"Abel Caballero rexeitou a proposta recollida na modificación do Plan Parcial de Navia realizada pola Xunta na parte que prevé construír aparcamentos en zonas verdes ou deportivas. En declaracións aos medios, o alcalde negou absolutamente esta posibilidade dado que se trata de terreos municipais. O proxecto de ampliación do PAU de Navia deseñado pola Xunta de Galicia prevé a conversión en aparcamentos de cemento en zonas verdes e deportivas como é o parque de enerxías renovables -onde está o rinoseto- ou a zona onde arrancará en breve a construción dunha nova área deportiva -xa nestes momentos en contratación-. En declaracións aos medios, o rexedor desbotou absolutamente esta posibilidade asegurando que "non imos consentir este cambio. Mentres eu sexa alcalde ningún aparcamento vai ocupar unha zona verde e podo aseguralo porque é terreo municipal". Avanzou que hoxe mesmo enviará unha notificación ao Goberno autonómico para advertirlle de que teñen que construír aparcamentos en zonas axeitadas, non en áreas verdes, lúdicas ou deportivas. Quixo enviar unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza porque o Concello seguirá promovendo en Navia parques infantís, medioambientais, zonas verdes temáticas e deportivas, como son as pistas de skate ou de parkour, xa en fase de construción", hasta ahí la nota municipal.


XUNTA.
"O Goberno galego analizará, cando as coñeza, todas as alegacións que se presenten á modificación do Plan parcial que o Concello decidiu someter a información pública ao considerar válido o proxecto presentado pola Xunta
A XUNTA LAMENTA QUE O CONCELLO DE VIGO, QUE APROBOU INICIALMENTE A AMPLIACIÓN DE NAVIA, AMEACE AGORA CON BLOQUEAR O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DE 1.600 VIVENDAS PROTEXIDAS 
  • A Consellería de Infraestruturas considera sorprendente que o alcalde de Vigo cuestione agora aspectos do proxecto validado polo Concello sobre as que nunca se manifestara en máis de dous anos de traballo coordinado entre ambas as dúas administracións
  • O Plan en tramitación rebaixa a liña de edificación con respecto á primeira fase e cumpre sobradamente cos estándares de equipamentos e zonas verdes
  • O proxecto garante un espazo urbano de calidade ao deseñar unha zona residencial de baixa densidade procurando a integración co seu entorno rural
  • Dous anos e medio despois da anulación xudicial do PXOM, e sen iniciarse aínda a redacción dun novo planeamento, o alcalde de Vigo ameaza con taponar a única saída que se lle presenta ao crecemento e ao desenvolvemento urbanístico da cidade
  • O Goberno galego investiu xa 10 millóns de euros na adquisición do solo residencial necesario para a ampliación de San Paio de Navia e convocou o pasado venres a permuta de solo por edificabilidade
  • En total, o proxecto de Navia prevé unha achega de 50 millóns de euros da Administración autonómica e un investimento inducido de 250 millóns de euros
A Xunta de Galicia lamenta que o Concello de Vigo, que outorgou o pasado 25 de xaneiro a aprobación inicial á modificación do Plan parcial de San Paio de Navia, ameace agora con bloquear o proxecto, co que o Goberno galego prevé impulsar a construción de 1.600 vivendas protexidas na cidade.
A Xunta de Galicia analizará, cando as coñeza, todas as alegacións que se presenten ao proxecto, que o propio Concello de Vigo decidiu someter a información pública por consideralo axeitado e tras incorporar o Goberno galego ao mesmo todos os requirimentos trasladados desde a Administración local en máis de dous anos de traballo coordinado.
A modificación do Plan parcial de San Paio de Navia foi aprobado inicialmente polo Concello de Vigo o 25 de xaneiro de 2018. Posteriormente, o 7 de marzo iniciou o seu proceso de información pública, que se prolongará ata o próximo 7 de maio.  Ata este momento, o Concello mostrou toda a conformidade coa citada modificación do Plan.

Sorprende enormemente agora a pretendida rectificación do Concello, que en ningún momento trasladou á Xunta cuestión algunha en relación cos aspectos hoxe criticados polo alcalde.

O Plan en tramitación rebaixa a liña de edificación con respecto á primeira fase e cumpre sobradamente cos estándares de equipamentos e zonas verdes. Con el búscase facilitar o desenvolvemento dun espazo urbano de calidade, mediante unha zona de residencial de baixa densidade con edificacións colectivas de poucas alturas e moitas vivendas unifamiliares, facilitando a integración coas zonas limítrofes ao ámbito que teñen carácter semirural.

O proxecto de ampliación de San Paio de Navia cumpre sobradamente todos os estándares de equipamentos e zonas verdes, con facilidade de conexión co resto da cidade.

Dous anos e medio despois da anulación xudicial do PXOM, e sen iniciarse aínda a redacción dun novo planeamento, o alcalde de Vigo ameaza con taponar a única saída que se lle presenta ao crecemento e ao desenvolvemento urbanístico da cidade.

O Goberno galego investiu xa 10 millóns de euros na adquisición do solo residencial necesario para a ampliación de San Paio de Navia e convocou o pasado venres a permuta de solo por edificabilidade. En total, o proxecto de Navia prevé unha achega de 50 millóns de euros da Administración autonómica e un investimento inducido de 250 millóns de euros", hasta aquí el posicionamiento de la Xunta.






Páginas