23 abr. 2018

La crisis del pulpo : aquellos polvos trajeron ahora estos lodos

REDACCIÓN / 23-4-18.
Tiene gracia lo del pulpo. Algunos -no pocos- años atrás, desde la Administración proponían vedas eficaces, sugerían al sector privarse un poco para después recuperar la especie... Exageraciones, dijo más de uno del sector entonces, alborotando de paso... Ahora son ellos mismos, los del sector, ante el desolador panorama : escasas capturas, precios por la nubes, los que claman por más tiempo de veda, a ver si el milagro de la recuperación del pulpo surge. Eso sí, ya piden a los partidos políticos, que reclamen a la Administración un dinero para el tiempo de veda. Aquellos polvos -y no los de comer- trajeron ahora estos lodos...
BNG propón subvencionar o período de veda do polvo
Representa arredor do 35% do total da actividade pesqueira na pesca artesanal e aglutina a 4.000 profesionais e 60 confrarías

O BNG propón a través dunha iniciativa no Parlamento subvencionar o período de veda de polvo, que arranca  o vindeiro 18 de maio, para evitar a sobrecarga doutros recursos pesqueiros e marisqueiros e, ao mesmo tempo, poder garantir os ingresos aos tripulantes que teñen na captura do cefalópodo unha parte moi significativa dos seus ingresos.

De feito, a captura do polbo representa arredor do 35% do total da actividade pesqueira na pesca artesanal, un sector que aglutina a uns 4.000 profesionais distribuídos nunhas 60 confrarías. “É un recurso de grande importancia para a flota de baixura xa que son moitas as embarcacións e os mariñeiros que dependen desta especie para garantir ingresos positivos na súa pesquería”, alegou a portavoz parlamentaria de Pesca autora de iniciativa, Montse Prado.

Prado advirte tamén que hai unha importante caída das capturas “e polo tanto das rendas dos mariñeiros que teñen esta especie como fonte de ingresos, nun ano con moitos temporais que se traduciron na perda de moitas xornadas de traballo”. Por iso, ademais de reclamar axudas durante o período de veda, a proposta parlamentaria tamén inclúe a adopción de medidas por parte da Xunta para mellorar a situación do stock de polvo.


Páginas