26 abr. 2018

Fin de semana meteorológico : vuelta atrás después de las primeras emociones primaverales

REDACCIÓN / 26-4-18.  El fin de semana viene con el Tiempo revuelto, las temperaturas en descenso y la necesidad de tener el paraguas a mano para cuando caigan las gotas que recogen los partes de METEOGALICIA.

VENRES. Durante as primeiras horas do venres unha fronte pouco activa deixará os ceos cubertos con chuvias febles. Co avance da xornada os ceos alternarán nubes e claros. As temperaturas mínimas estarán en lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará de compoñente norte, frouxo en xeral, moderado na costa.

SÁBADO. Durante o sábado Galicia quedará na influencia dunha entrada de aire frío. Con esta situación, agárdanse ceos anubrados, con chuvascos localmente acompañados de sarabia, sendo máis probables pola tarde. A cota de neve situarase na segunda meta do día nos 1200 metros. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable en xeral.

DOMINGO. O domingo persiste o aire frío sobre Galicia deixando moita inestabilidade. Polo tanto, agardamos un día de ceos parcialmente anubrados con chuvascos xeneralizados que poderían vir acompañados de sarabia. A cota de neve estará durante a tarde nos 1.000-1.200 metros, quedando pola noite nos 900-1.000 metros. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado de compoñente oeste.

Tarde de domingo según METEOGALICIA

Páginas