23 abr. 2018

Exigen al regidor Lores el parque infantil prometido en Médico Ballina (Pontevedra)

Es hora de cumplir. Y por tanto, hora de exigir. Así lo piensan los vecinos de la zona pontevedresa de Médico Ballina

PONTEVEDRA / REDACCIÓN / 23-4-18.
Tras amosar o seu apoio aos veciños de Médico Ballina durante a concentración convocada o pasado sábado, a formación que encabeza Jacobo Moreira vén de presentar hoxe unha moción coa que urxen ao Goberno de Lores construír o parque infantil prometido na zona, facendo uso da totalidade dos terreos sobre a cuberta do tren cedidos por Adif en marzo de 2016.
Concretamente, os populares esixen que se faga uso dos máis de 2.600m2 dos que consta a cesión. “Xa hai máis dun lustro que os veciños veñen demandando esta instalación sen que o Goberno de Lores cumpra con eles”, lamentou o concelleiro popular, César Abal, “as protestas deste fin de semana volven reflectir que Lores está desconectado de Pontevedra e que as súas prioridades non coinciden coas dos pontevedreses”.
Os populares lembran que despois de anos de reclamacións veciñais, por fin en novembro de 2015, o BNG comprometeuse en Asemblea Veciñal aberta a crear un parque infantil e facer uso da totalidade dos terreos sobre a falsa cuberta da vía do tren ao seu paso por Médico Ballina. Incluso chegaron a asegurar que xa contaban cun proxecto municipal, pero que non poderían comezar as obras ata que ADIF cedese os terreos. A cesión formal fíxose efectiva en marzo de 2016 e descubriuse que era todo unha mentira para gañar tempo. 
“A contorna da rúa de Médico Ballina é probablemente unha das zonas que presenta máis concentración de cativos en Pontevedra, coma se pode observar calquera día nas paradas de bus escolar”, indicou o concelleiro popular César Abal.
“Vémonos na obriga de volver a levar ao Pleno a urxente actuación nos terreos cedidos por ADIF para tal finalidade, tras comprobar o incumprimento plenario do BNG co agravante de que eles tamén apoiaron esta actuación”, sinalou César Abal, “tamén imos a esixir o cumprimento íntegro do acordo veciñal acadado en novembro de 2015, para que non lle dean gato por lebre aos veciños, pois o anterior concelleiro responsable da área, Luis Bará, intentou trocarlles o acordo por unha pequena actuación en menos dun terzo dos terreos”, engadiu.

“Deixen de tomar o pelo aos veciños e cumpran co prometido”, apuntou César Abal, quen lle pide a Lores que “regrese a Pontevedra e escoite aos seus veciños”. A última promesa do BNG con estes veciños foi que o parque infantil de Médico Ballina se faría ao mesmo tempo que o de Campolongo, “outro mentira máis”, manifestou o concelleiro popular. “O certo é que non existe nin proxecto, nin orzamento para poder cumprir este compromiso”, sentenciou Abal.



Páginas