26 abr. 2018

El conflicto del compostaje siembra muchas dudas sobre la hoja de ruta del Gobierno Municipal de Pontevedra

REDACCIÓN / 26-4-18.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo F. Lores volve a paralizar a implantación da compostaxe ante as presións veciñais. “Repítese o mesmo patrón que en Monteporreiro, ante o rexeitamento amosado por máis de 700 veciños de Eduardo Pondal, que hai máis dun mes que entregaron sinaturas no Concello, o BNG vese obrigado a paralizar o despregue de composteiros comunitarios, que ademais seguen sen contar coa autorización medioambiental necesaria para a súa instalación”, sinalou este xoves o portavoz popular, Jacobo Moreira.
“O Goberno de Lores continúa sen folla de ruta que determine a implantación da compostaxe en Pontevedra”, destacou, por este motivo os populares reiteran a súa petición “deberían comezar de cero e dialogar con todos os axentes implicados, incluídos os veciños contrarios á instalación de composteiros comunitarios próximos ás súas vivendas”.
“Neste asunto debe existir o máximo consenso posible e para iso, Lores e o seu Goberno deben abandonar a improvisación coa que están a xestionar a compostaxe”, engadiu Jacobo Moreira. “Pontevedra leva gastados xa máis dun millón de euros neste asunto sen obter resultado algún”, lembrou o edil popular, tras apuntar que “os datos demostran que continúamos enviando máis residuos a Sogama”.

“Lores iniciou unha campaña para tratar de saír ao paso ante as protestas veciñais, na que mesmo trouxo á portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, para tratar de mitigar este rexeitamento, pero a súa visita non fixo máis que aumentar o malestar existente entre os veciños tras non escoitar tampouco as súas demandas”, puntualizou Moreira, “é necesario que o Goberno de Lores poña o contador a cero”, reiterou o portavoz popular tras esixir “planificación, consenso e diálogo”.


Páginas