21 mar. 2018

Ya podemos mandar al carajo este Invierno que queda atrás : más lluvia y más frío; claro que... si no llega a llover, apañados iríamos

21-3-18.
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, presentou o balance climatolóxico correspondente a esta estación, que, en termos xerais, foi húmida e normal en canto á temperatura.
En relación coas chuvias, indicou que entre decembro de 2017 e febreiro de 2018 a porcentaxe de precipitación situouse un 19% por riba do normal para esta estación do ano.
Os valores máis altos de precipitación media acumulada neste inverno rexistráronse na Comarca do Condado e no sur da provincia de Pontevedra, con valores por riba dos 1.200 L/m2; situándose no extremo oposto as localidades de Verín ou a comarca de Valdeorras, con preto de 200 L/m2.

A TEMPERATURA MEDIA DO INVERNO GALEGO ACADOU UN VALOR DE 8.1ºC 

O inverno galego péchase cunha temperatura media cun valor de 8.1ºC, que deixa unha anomalía de -0.4ºC; e que se pode considerar normal para esta época. Así o confirmou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, que hoxe presentou en rolda de prensa o balance climatolóxico correspondente á estación, que foi definida como moi húmida e normal, en canto á temperatura.

Neste senso, a responsable de Calidade Ambiental e Cambio Climático indicou que a estación de inverno -en canto as temperaturas máximas- foi fría, cunha anomalía de -0.6 ºC; mentres que as temperaturas mínimas foron normais para a época do ano. O inverno comezou cun mes de decembro no que as temperaturas foron lixeiramente frías, pero non estiveron moi afastadas dos valores normais do período de referencia 1981-2010; e o mes de xaneiro resultou lixeiramente cálido, principalmente debido a un certo predominio das situacións de suroeste.

Finalmente, o segundo mes do ano caracterizouse polo predominio das situacións de compoñente norte -nos primeiros días- e a ausencia de situacións de ventos de suroeste, o que provocou que as temperaturas fosen moi baixas para un mes de febreiro. Á vista dos datos recollidos polas diferentes estacións meteorolóxicas da Rede de MeteoGalicia, Febreiro resultou ser o máis máis frío dos últimos 12 anos.

Nas zonas da alta montaña ourensá, como Cabeza de Manzaneda ou Pena Trevinca, acadáronse os valores máis baixos de temperatura; mentres que no litoral -principalmente na Ría de Vigo, Costa da Morte e A Coruña- acadáronse valores de máis de 10 ºC. Nas zonas con menor influencia marítima e de interior os valores medios de temperatura movéronse entre os 1 ºC e os 6 ºC.

Precipitacións
Tendo en conta as precipitacións rexistradas, o inverno pode considerarse húmido, cunha porcentaxe de precipitación dun 19% por encima do normal para esta estación do ano. O paso de borrascas con nome propio, como Ana ou Bruno, que deixaron moita precipitación fixeron que decembro acabara como o mes máis chuvioso do ano 2017.

Asemade, xaneiro tivo un comportamento típicamente invernal, caracterizado polo achegamento sucesivo de borrascas que circularon polo Atlántico norte; pero tendo en conta o cómputo global da Comunidade, a precipitación estivo un 7% por debaixo do normal para este mes. Destacan as comarcas da Terra Chá e do Eume, onde choveu máis do dobre do esperado e tamén é salientable o número de días de chuvia rexistrados na comarca de Ferrol, que acadou ata 25 días.

En relación ao mes de febreiro, a distribución da precipitación sufriu un gran contraste; pois mentres nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra as precipitacións estiveron moi por riba da media, na provincia de Ourense os rexistros quedaron incluso por debaixo da media climática.

En definitiva, a precipitación total acumulada no inverno 2017-2018 deixou os valores máis altos na Comarca do Condado e do sur da de Pontevedra, con valores por riba dos 1.200 L/m2; mentres que os máis baixos rexistráronse na provincia de Ourense, onde -en localidades coma Verín ou a Comarca de Valdeorras- os valores estiveron entorno aos 200 L/m2. O valor medio de precipitación para o conxunto de Galicia foi de 573 L/m2.
Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate