10 mar. 2018

Solamente en su planta de Pontevedra : hasta 8 millones de euros se gasta ENCE en su parada técnica

Rías Baixas TRIBUNA  Ence destina 8 millóns de euros á parada técnica anual da súa planta de Pontevedra. Preto do 55% dos investimentos destinarase a melloras ambientais, o que permitirá a Ence consolidar á súa planta de Pontevedra como referencia ambiental do sector da celulosa. Ata 1.200 persoas pertencentes a 100 empresas, a maior parte delas galegas, participarán nas operacións programadas na parada anual.
O vindeiro luns comezará a parada técnica anual da fábrica de Ence Energía y Celulosa en Lourizán, que se estima terá unha duración de 10 días. Ence destinará a esta parada 8 millóns de euros, dos cales máis da metade, 4,3 millóns de euros, dedicaranse a realizar melloras ambientais e 3,7 millóns destinaranse a mantemento.

Dentro das melloras ambientais podemos destacar a mellora da eficiencia da caldeira de recuperación e a mellora das torres de refrixeración, o que supoñerá unha diminución da temperatura do efluente e por conseguinte influirá na diminución de emisións  olorosas. O resto do investimento irá destinado a melloras en eficiencia que permitirán á planta de Ence en Lourizán reforzar a competitividade da celulosa galega nos mercados internacionais.

Ence Pontevedra, que conta cun persoal medio de 360 persoas, verá aumentado en 1.400 o número de traballadores durante a parada técnica, pertencentes a 100 empresas. Hai que destacar que un 60% dos traballadores que participarán na parada, están vinculados a empresas da provincia de Pontevedra. Tamén hai que sinalar que participarán compañías especializadas de España e outros países como Finlandia ou Suecia.
Ence seguiu avanzando no Proxecto Olor Cero grazas aos investimentos realizados no exercicio anterior, onde se implementaron melloras nos dixestores e caldeiras, que permitiron elevar a calidade da condensación e control dos gases. As emisións olorosas durante 2017 rebaixaronse nun 25% respecto ao ano anterior, logrando que o impacto oloroso se reducise a menos dun minuto diario de media. A compañía seguirá traballando para chegar á total erradicación.
Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate