15 mar. 2018

Música en gallego tiene premio en Deputación. Medio millón de euros es la última aportación para ese apartado.

16-3-18.

El ponente-diputado de Cultura, el nacionalista Leal Fariña, insiste en que... este es el camino.

A área de Cultura e Lingua pon en marcha o programa Musigal, destinado unicamente a grupos musicais profesionais con domicilio fiscal en Pontevedra

A área de Cultura e Lingua da Deputación pon en marcha o programa Musigal, destinado especificamente a grupos musicais profesionais da provincia, e que conta cunha dotación orzamentaria de medio millón de euros. O Musigal inscríbese no marco das accións do Ano da Lingua e segundo explicou o deputado responsable da área, Xosé Leal, supón "unha aposta firme pola nosa lingua e pola promoción da música galega e en galego". Esta convocatoria, que será aprobada na Xunta do Goberno provincial de mañá, contempla un prazo de inscrición para os grupos desde a súa publicación no BOPPO ata o 6 de abril, e permitirá que os concellos de menos de 50.000 habitantes opten a un máximo de 3 actuacións ao longo deste ano. "Por unha banda, o que pretendemos con este programa é que os concellos se involucren e aposten pola promoción da música galega e en galego, e por outra, que teñan apoios para contratar música profesional nos diferentes estilos que triunfan hoxe en día, desde os máis clásicos aos máis contemporáneos", asegura Xosé Leal.

O deputado nacionalista salienta que no espírito do programa Musigal tamén está presente "o apoio que as Administracións deben ofrecerlle ao sector profesional da música, polo que debemos apostar decididamente polo seu traballo, facilitando que todo ese talento chegue a toda a cidadanía e a maneira que temos de facelo desde a Deputación é a través dos concellos da provincia". Segundo as bases da convocatoria, poderán inscribirse no Musigal unicamente artistas e grupos musicais profesionais con domicilio social en Pontevedra, que aborden de xeito específico contidos sociolingüísticos e de dinamización da lingua galega e que nos seus concertos fagan música en galego ou, no caso de ser instrumentais, que as súas pezas sexan de autoría galega.

Transversalidade

"O programa Musigal tamén atende á necesaria transversalidade que deben contemplar as Administracións públicas" indica Xosé Leal ao respecto das seis categorías que establece a convocatoria. No eido da promoción da igualdade de xénero, contémplase unha categoría denominada ‘Son muller', na que poden inscribirse grupos nos que polo menos o 60% das persoas integrantes e a vocalista sexan mulleres. Baixo o nome "Son crianza" poden inscribirse grupos con espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar. Na categoría "Son mocidade" darase cabida a grupos nos que polo menos o 60% das persoas integrantes sexan menores de 35 anos. A cuarta categoría leva por nome "Son tradición" e permite que se inscriban grupos de música tradicional galega. As dúas últimas categorías levan por nome "Son clásico" para grupos de música clásica que teñan no seu repertorio composicións de autores galegos, e "Son actual" para grupos de pop, rock, hip hop e música electrónica.
Na documentación que os grupos deben achegar inclúense aspectos como a descrición do espectáculo, acreditando o emprego do galego como mínimo no 70% das obras musicais que se interpretan; as necesidades técnicas; e o importe do espectáculo, que será fixado libremente polos grupos e intérpretes, especificando que parte corresponde ao caché da actuación e cal ao custo do equipamento técnico.
Pola súa banda, os concellos poderán solicitar as actuacións inscritas no Musigal antes do 30 de abril. Todas as actuacións concedidas serán cofinanciadas ente a Deputación e os concellos. O organismo provincial asumirá o caché do espectáculo do grupo ou artista, mentres que o concello aboará a produción da actuación: equipos de son, luz, escenario e demais medios necesarios para o desenvolvemento da actuación.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate