15 mar. 2018

Más de 26 millones para formar a 8.700 personas a través de 580 cursos en el Naval, Metal, Automoción y otros sectores avanzados

16-3-18.
  • O presidente da Xunta resalta que se investirán 6,65 millóns na realización de 145 cursos para cualificar a 2.175 persoas sen emprego nos sectores do metal, o naval e a automoción
  • Indica que a Xunta seguirá apostando por este tipo de programas formativos, xa que na edición do ano 2016, un 60% dos alumnos que se cualificaron nestes cursos acadaron un emprego
  • Lembra que as accións formativas, que empezarán a partir de setembro, se estenderán ao longo de 12 meses

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou unha achega de máis de 26 millóns de euros para a formación de 8.700 persoas a través de 580 cursos especializados no naval, no metal e na automoción; na docencia de formación profesional para o emprego, e para as accións vinculadas coas competencias dixitais. 

Núñez Feijóo
Máis polo miúdo, investiranse 6,65 millóns na realización de 145 cursos para cualificar a 2.175 persoas sen emprego nos sectores do metal, o naval e a automoción. En competencias clave, levaranse a cabo 58 cursos para cualificar a 870 persoas e, con preto de 4 millóns de euros desenvolveranse  accións  de formación sobre competencias dixitais para 305 desempregados. 

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo lembrou que nesta convocatoria, ao igual que na anterior, tamén se dará prioridade: aos cursos vinculados coa Industria 4.0; aos idiomas, coñecementos financeiros, xurídicos e ás especialidades con maior demanda ou maior inserción laboral. “Para iso, destinarase 13 millóns de euros”, dixo, incidindo en que a Xunta seguirá apostando por este tipo de programas formativos xa que na edición do ano 2016, un 60% dos alumnos que se cualificaron nestes cursos acadaron un emprego, catro puntos porcentuais máis que nos dous anos anteriores. 


Cómpre recordar que as accións formativas, que empezarán a partir de setembro e se estenderán ao longo de 12 meses, enmárcanse na folla de ruta do Goberno galego en materia laboral: a Axenda 20, coa que tamén se está apoiando este ano outro tipo de programas dirixidos á cualificación para desempregados. Neste eido, destacan as unidades formativas na empresa cun compromiso mínimo de contratación do alumnado que se forme. 
Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate