20 mar. 2018

Les garantizan que cobrarán siempre por encima de la media del Estado además de subirles más del 14% y... ¡siguen en huelga los de la Justicia!

20-3-18.
A proposta implica unha suba de máis do 14%, ao sumarse ao incremento a nivel estatal e deixa a Galicia de quinta entre tódalas comunidades.
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, pediu aos funcionarios que reflexionen seriamente sobre a última oferta da Administración.

A ÚLTIMA OFERTA DA XUNTA INCLÚE UNHA CLÁUSULA QUE GARANTE AOS TRABALLADORES DA XUSTIZA COBRAR SEMPRE POR RIBA DA MEDIA DO ESTADO

A última oferta da Xunta de Galicia aos traballadores da Xustiza inclúe unha cláusula que lles garante cobrar sempre por riba da media do resto de traballadores do Estado. Esa oferta sitúa aos funcionarios galegos como os quintos mellor pagados.
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado da secretaria xeral técnica da Vicepresidencia, Beatriz Cuíña, e do director xeral de Función Pública, José María Barreiro, explicou hoxe os detalles das propostas da Xunta de Galicia aos sindicatos e pediu aos traballadores que reflexionen seriamente sobre a oferta.
A proposta da Xunta recolle un incremento salarial que, unido á suba acordada polo Ministerio de Facenda en pasadas semanas, representaría un aumento de máis do 14% nos soldos dos funcionarios da Administración de Xustiza. En concreto, a Xunta ofreceu unha suba no complemento autonómico de 133,42 euros para os xestores, de 108,42 para os tramitadores e de 105 para os auxilios, o que sumado ás subas estatais representa un incremento de arredor de 4.000 euros ao ano.
Martín destacou que o talante negociador da Xunta ten sido constante ao longo destes meses e incluíu 15 reunións cos sindicatos, oito propostas de suba salarial, o cumprimento con creces do acordo parlamentario ao respecto, a aplicación das subas xa no ano 2018 e a elaboración das táboas comparativas baixo os criterios dos sindicatos. A Xunta tamén propuxo un plan de recuperación do traballo para poñer ao día os xulgados galegos despois destas semanas de folga, que están a causar innumerables prexuízos aos cidadáns galegos.
Ao mesmo tempo, o director xeral de Xustiza sinalou que non haberá máis subas salariais por parte da Administración autonómica, pero amosouse disposto a negociar que porcentaxes correspondería pagar este exercicio, cales en 2019 e cales en 2020, e tamén se os incrementos se aplicarían de xeito lineal ou por corpos.
Martín lamentou que todos estes intentos por chegar a un acordo fosen rexeitados e criticou que as centrais sindicais sentadas á mesa estivesen pensando máis nas próximas eleccións sindicais que nun acordo xusto para os funcionarios.
Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate