21 mar. 2018

La Xunta mejora y moderniza el dispositivo aéreo de lucha contra los incendios forestales

21-3-18.
  • O DOG publica hoxe unha resolución da consellería pola que se anuncia a contratación dun servizo integrado de helicópteros, técnicos coordinadores e analistas para prevención, vixilancia e coordinación de medios contra o lume
  • Estas novidades estarán xa incluídas na revisión e actualización do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), que está previsto que se presente o vindeiro día 5 de abril ao Consello da Xunta
La Xunta mejora y moderniza el dispositivo aéreo de lucha contra los incendios forestales

A Consellería do Medio Rural mellora e moderniza o dispositivo aéreo de loita contra incendios forestais. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución deste departamento da Xunta pola que se anuncia a contratación dun servizo integrado de helicópteros, técnicos coordinadores e analistas con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios de defensa contra lumes durante os anos 2018 e 2019.

Por medio deste procedemento incorporaranse ao servizo novas tecnoloxías relacionadas con cámaras convencionais e de infravermellos que facilitarán imaxes en tempo real e xeorreferenciadas dos incendios, para a súa análise por parte dos técnicos, coa fin de mellorar a resposta contra o lume. Así, desde o centro de coordinación poderán tomarse, de xeito máis áxil e operativo, as mellores decisións para facer fronte a cada incendio.

Pladiga
Estas novidades estarán xa incluídas na revisión e actualización do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) para o 2018, que está previsto que se presente o vindeiro día 5 de abril ao Consello da Xunta. Este documento é a principal ferramenta de planificación do Goberno galego nesta materia e actualízase cada ano antes da tempada de alto risco para mellorar a súa operatividade.

Na resolución que hoxe publica o DOG establécese que a dispoñibilidade de helicópteros e técnicos coordinadores prolongarase durante 276 días, cun total de 450 horas de voo contratadas, que se distribuirán entre os vindeiros meses de xuño e outubro, en función das necesidades do dispositivo. Trátase dun aparello para este ano 2018 e de dous para o devandito período de 2019. O orzamento total de licitación ascende a 1.086.000 euros.

Este helicóptero de coordinación é o único que faltaba por incorporar dos medios aéreos da Xunta, xa que o resto están todos contratados. A eles uniranse os que achegue o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente para reforzar o operativo de extinción, con vistas á época de risco alto.

Enlace á resolución no DOG:



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate