15 mar. 2018

Galicia refuerza las ayudas para modernizar el Agro, priorizando los proyectos liderados por mujeres

16-3-18.
  • Feijóo afirma que se investirán 65 millóns que se repartirán en tres liñas de apoio: 40 millóns para plans de mellora en explotacións; 20 millóns para a incorporación de mozos; e 5 millóns para o desenvolvemento de pequenas explotacións. 
  • Di que as axudas tamén darán prioridade aos proxectos que promovan o carácter ambiental, reforzando o valor dos investimentos para reducir as emisións de amoníaco e CO2; e ás explotacións en control leiteiro oficial.
  • Destaca que se introduce como criterio de valoración o feito de contar cun seguro agrario contratado.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou o reforzo das axudas para a modernización do agro galego para apoiar novos investimentos nas explotacións agrarias, a incorporación de mozos ao agro e o desenvolvemento de pequenas explotacións. 
Como indicou Feijóo, as axudas contarán con máis recursos que os que se inxectaron o ano pasado: 65 millóns de euros, é dicir, un 14% máis que o ano pasado; e coa modificación de criterios para, entre outros aspectos, priorizar os proxectos liderados por mulleres e dar máis peso á agricultura ecolóxica.
Nun primeiro termo, e co obxectivo de que as axudas cheguen a un maior número de proxectos, Feijóo subliñou que a contía máxima por beneficiario será de 500.000 euros. E o reparto deste investimento farase entre as tres liñas de apoio: 40 millóns para plans de mellora en explotacións; 20 millóns para a incorporación de mozos; e 5 millóns para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

Entre as principais novidades, o responsable do Executivo autonómico avanzou a modificación dos criterios de puntuación para acadar cinco obxectivos: fomentar con máis forza o papel da muller como titular das explotacións agrarias, “por tanto puntuaranse máis os proxectos liderados por mulleres”; promover o carácter ambiental, reforzando o valor dos investimentos para reducir as emisións de amoníaco e CO2; valorar as explotacións en control leiteiro oficial; e reforzar o criterio da agricultura ecolóxica.

No relativo ao quinto obxectivo, Feijóo destacou que se introduce como criterio de valoración o feito de contar cun seguro agrario contratado, como forma de evitar episodios como os vividos o ano pasado por motivos climatolóxicos adversos.


En definitiva, trátase dunha nova convocatoria de axudas para lograr a modernización do agro e a remuda xeracional, a través de axudas que nos últimos tres anos puxeron a disposición de Galicia 190 millóns de euros e que en todo o período do Plan de desenvolvemento rural vai permitir axudas de 247,5 millóns de euros para este fin.
Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate