12 mar. 2018

Feijóo aproveita fin de semana para "insistir tamén na necesidade de abrir o Partido Popular á Sociedade"

Rías Baixas TRIBUNA “Nunca deixedes que unha enquisa sirva para aumentar a vosa vaidade, porque o que contan son os resultados finais”, sinala Feijóo: “Non deixedes de debater e de defender en público aquilo no que credes porque intentar convencer con argumentos é facer política”.
· Di que só solicitaron aos participantes ganas e ilusión, lamentando que outros partidos xamais convidarían aos seus actos a cidadáns sen pedirlles a súa filiación partidista.
· Asegura que se trata ante todo dunha actividade de formación “que busca mellorar a maneira na que articulamos e transmitimos as nosas ideas”.



O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, clausurou o II Torneo de Debate do PPdeG, onde pediu aos participantes que non deixen nunca de debater e de defender en público aquilo no que creen. “Sexa no bar, na casa, no salón de plenos, no Parlamento ou nun torneo coma este, intentar convencer aos demais cos argumentos e con razóns é facer política”, salientou.
Acompañado polo vicesecretario de Acción Municipal e presidente local, Agustín Hernández, e pola vicesecretaria de Estudos e Programas do PP, Andrea Levy, manifestou que nestes tempos de populismo e eslógans de consumo rápido, que haxa 50 persoas dispostas a mergullarse nun tema de actualidade, a coñecelo en profundidade e a argumentar sobre el “devólvenos a todos a confianza na política”.
Feijóo cualificou aos participantes como “50 valentes” aínda que asegurou que hai moitos máis afiliados do PPdeG interesados no intercambio de argumentos, na retórica e na oratoria; insistindo tamén na necesidade de abrir o partido á sociedade. “Actividades como esta son un paso nesa dirección”, engadiu.
“Entre o público e os xuíces vexo caras coñecidas, outras que me queren sonar e outras que xamais vin, pero iso demostra que este é un partido coas portas e ventás abertas”, dixo antes de explicar que para participar neste torneo “non se lle pediu a ninguén o seu carné, só ganas e ilusión”.
Así, mentres outros partidos xamais convidarían aos seus actos a cidadáns sen antes pedirlles a súa filiación partidista, Feijóo puxo en valor que os populares “estamos encantados de facelo e sentímonos privilexiados de que aceptasen o noso convite”.
Do mesmo xeito, o presidente incidiu na importancia de que as persoas que se dediquen á vida pública estean ben formadas, facendo fincapé en que o que hoxe celebraban “é ante todo unha actividade de formación que busca mellorar a maneira na que articulamos e transmitimos as nosas ideas”.
Nese senso, tamén agradeceu a presenza de Andrea Levy, que é a responsable da área de formación do partido a nivel estatal e que se interesou por esta iniciativa desde o momento en que soubo que existía, así como se comprometeu a ampliala e levala ao nivel nacional. Ademais, lembrou que a vicesecretaria de Estudos e Programas do PP vén de Cataluña, polo que coñece ben a importancia do diálogo e do debate cordial e respectuoso, e sabe que cando se perde rómpese un dos piares da nosa sociedade democrática.

“O IMPORTANTE É O RESULTADO”
O líder dos populares galegos tamén se referiu ás sondaxes de opinión publicadas no día de hoxe por algún medio de comunicación, e criticou que haxa líderes “que as empregan para aumentar a súa vaidade, e iso é algo que nunca vos debería pasar a vós”, aconselloulle aos participantes.
“Finalmente, malia o que digan as enquisas, o que importa é o resultado final”, sentenciou, lembrando que durante moitos meses as estimacións colocaban a algunhas formacións como máis votadas a nivel estatal, e hoxe xa as sitúan na cuarta posición.
Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate