20 mar. 2018

Deputación llevó a Madrid su “SOMOS HISTORIAS” para promocionar la provincia como destino turístico

20-3-18.
A campaña turística 2018 de Rías Baixas deixa a súa pegada no Teatro Rialto , en plena Gran Vía madrileña, ante máis dun cento de xornalistas, touroperadores e influencers

“SOMOS HISTORIAS” A PROMOCIÓN DE #PONTEVEDRA PROVINCIA DESEMBARCA EN MADRID (“UNHA VIAXE VIRTUAL E SENSORIAL”)

A figura de María Vinyals, fío condutor da campaña, cobrou vida acompañada da música de Najla Shami e da degustación de produtos da provincia
A Deputación de Pontevedra congregou esta tarde no Teatro Rialto, en plena Gran Vía madrileña, a centos de persoas que acudiron para coñecer, de primeira man, os atractivos turísticos da provincia de Pontevedra. Da man da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e do prestixioso xornalista pontevedrés, Xabier Fortes, un nutrido grupo de turoperadores, coñecidos xornalistas de medios nacionais xeneralistas e especializados, bloggers, influencers e instagramers, coñeceron as múltiples “historias” que ofrece este ano o destino Rías Baixas.

Carmela Silva presentou o destino “Pontevedra Provincia” a través de “Somos Historias, unha viaxe virtual e sensorial”, na que as imaxes, vídeos, música e degustacións gastronómicas cobraron especial protagonismo. Deste xeito, a campaña promocional lanzada pola Deputación neste 2018 con motivo do Ano Europeo do Patrimonio, desembarcou no Teatro Rialto acompañada da música de Najla Shami, de vídeos que amosan os eixos do patrimonio na provincia , e da degustación gastronómica de produtos como as volandeiras, os mexillóns, xurel, crema de grelo, lacón á feira, vapor de cocido galego, empanada, cañas de crema de mel, queixo con marmelo e bica, acompañados de vinos da D.O. Rías Baixas.

A presidenta da Deputación de Pontevedra destacou que “vivimos unha época dourada no destino Rías Baixas. Pechamos 2017 con récord de visitantes e agardamos un 2018 espectacular”. Deste xeito, Carmela Silva fixo fincapé en que a provincia de Pontevedra “pode presumir da súa beleza desde xaneiro a decembro xa que contamos con múltiples atractivos turísticos, desde espazos naturais, ata castelos, xacementos arqueolóxicos, vilas termais, museos, xardíns, pazos, unha variada gastronomía, viñedos a carón do mar, grandes festas de interese turístico, ata varias rutas de peregrinación cara Compostela. Por iso queremos que todo o mundo a coñeza, apostando, como así nolo marca o Plan Estratéxico de Turismo, por un turismo sustentable, de calidade e durante todo o ano, en colaboración co sector privado”.

O primeiro dos vídeos que se proxectaron no evento promocional foi “Somos historias”, o vídeo de lanzamento da campaña de Turismo Rías Baixas, no que María Vinyals é o eixo argumental. Da súa man, e guiados pola presidenta provincial e polo xornalista pontevedrés Xabier Fortes, as persoas congregadas no evento descubriron o Castelo de Soutomaior e outros elementos do patrimonio fortificado, xacementos arqueolóxicos e ata espazos naturais e paisaxísticos da provincia de Pontevedra.

Silva e Fortes repasaron a historia do Castelo e dos personaxes que alí viviron como Pedro Madruga, María Vinyals e ata a pantasma do “Alemanote”. Tamén presentaron o Castelo de Sobroso, no que foi cercada Dona Urraca, as fortalezas de Salvaterra e Goián, a de Monterreal en Baiona ou as torres do Oeste, así como pazos como o de Castrelos, o de Oca ou o de Rubiáns. Amais, aproveitaron para dar a coñecer o logotipo elaborado para a campaña deste ano, centrado no labirinto de Mogor, un misterioso elemento de milenios de antigüidade que amais de deixar a súa pegada na provincia atópase tamén noutros puntos da xeografía internacional tan distantes de Pontevedra como Estados Unidos.

E, xunto ao patrimonio cultural, arqueolóxico e paisaxístico, presentáronse outras moitas historias relacionadas coas Rías Baixas. Deste xeito, as festas etnográficas, gastronómicas e de recreación histórica tiveron un espazo singular no Teatro Rialto de Madrid, onde se amosaron imaxes da Arribada de Baiona, do desembarco vikingo nas Torres de Catoira, da Feira Franca pontevedresa ou da Rapa das Bestas de Sabucedo na Estrada. Tamén cobrou protagonismo o patrimonio espiritual e relixioso, dando a coñecer mosteiros como o da Armenteira ou o de Aciveiro.

A presidenta da Deputación de Pontevedra e o xornalista Xabier Fortes deron paso, a continuación, a un vídeo relativo ao patrimonio natural, destacando que “temos tal variedade de climas e paisaxes que converten á provincia de Pontevedra nun espazo único, diferente, cunha costa recortada e singular, ríos cortos e caudalosos que regan de vida todo un paisaxe de bosques e montes”. Deste xeito, Silva e Fortes recordaron as Illas Cíes e Ons, os ríos, bosques, montes como o Seixo dende o que divisar as tres Rías Baixas en días despexados.

Tamén se deu a coñecer en Madrid a visión de múltiples escritores e escritoras, desde a antigüidade ata os nosos días, sobre a provincia de Pontevedra: Mendiño, Martín Códax, Xoan de Cangas, Nun Trez, Julio Verne, a propia María Vinyals, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Torrente Ballester, Valle Inclán… E, xunto a este patrimonio literario das Rías Baixas, tamén houbo tempo para dar a coñecer o patrimonio etnográfico e cultural, destacando o Museo de Pontevedra, o Museo do Mar de Vigo e os RíasBaixasFests.

A presentación “virtual e sensorial” do destino “Pontevedra Provincia” rematou coa degustación de produtos gastronómicos da provincia de Pontevedra. O primeiro retorno da presentación foi a expectativa mediática en Madrid. Preto dunha decena de medios de comunicación nacionais pecharon entrevistas para este mércores a fin de coñecer o destino Rías Baixas da man da presidenta provincial.
Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate