15 mar. 2018

BNG trasladará ao Parlamento a preocupación da veciñanza do Morrazo pola mobilidade entre a comarca e Vigo.

15-03-18.
Reunión do grupo parlamentario do BNG con alcaldes, alcaldesas e responsables municipais do Bloque nos gobernos locais de Cangas, Bueu, Moaña e Vilaboa
Pontón: “O veciñanza destes concellos está pagando as liortas entre Feijóo e Caballero e esa é a peor maneira de facer política”.
Baixo a premisa de levar “a voz da rúa” á Cámara o grupo parlamentario do BNG mantivo un encontro cos alcaldes, alcaldesas e responsables municipais afectos ao nacionalismo do Bloque da comarca do Morrazo, organizado en Cangas, para coñecer de primeira man as prioridades dos concellos no que o Bloque lidera a acción de goberno local, e manter encontros con diferentes colectivos sociais como os pensionistas da asociación MODEPEM ou coa Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama (ADICAN). “Recollendo o sentir e as preocupación desta comarca para facelas chegar ao Parlamento”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, quen encabezou a representación do grupo parlamentario que tamén contou coa presenza da deputada Olalla Rodil, Montse Prado e Luís Bará, así como a rexedora de Moaña, Leticia Santos; de Bueu Felix Juncal; a tenente de alcalde de Cangas, Mercedes Xiráldez; a tenente de alcalde de Vilaboa, Ornela Fernández; así como unha ampla representación de concelleiros e concelleiras dos municipios da comarca.

Entre as cuestións que o BNG trasladará ao Parlamento esta a preocupación e o malestar da veciñanza destes concellos pola mobilidade entre a comarca e a cidade de Vigo.
Neste sentido, Pontón recolle “a preocupación crecente polo problema da mobilidade que está xerando un malestar crecente entre a veciñanza dos municipios da comarca”, indicou. Problema de mobilidade derivado das obras de Rande “que non estaban previstas e das que os concellos non foron informados, que están provocando que un traxecto que habitualmente se realiza en vinte minutos supere a hora de duración causando retrasos na chegada aos centros escolares ou ao traballo”.
“Pero por si isto fose pouco para limitar a mobilidade da veciñanza do Morrazo temos o problema da paralización da execución do transporte metropolitano de verdade debido a que as liortas continuas do presidente da Xunta co alcalde de Vigo teñen como consecuencia a paralización dun plan que xa estaba acordado que suporía unha rebaixa moi importante do prezo dos billetes e unha redución tamén da necesidade de usar o vehículo privado”.
“Vemos como os lios partidistas do PP e do PSOE os pagan a veciñanza deste concello e imos reclamar no Parlamento unha solución a este problema solicitando que se cumpra o convenio asinado e se poña fin a esta situación porque, insisto, os veciños e as veciñas non teñen que pagar as liortas entre o señor Feijóo e o señor Caballero porque esa é a peor maneira en que se pode entender a política e por iso imos levar iniciativas ao Parlamento sobre este asunto”, avanzou Pontón.




Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate