20 mar. 2018

Anuncian las ayudas para rehabilitar viviendas de protección pública

20-3-18.  A Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará un millón de euros a subvencións a comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública para reparación, rehabilitación e/ou adaptación dos edificios de vivendas promovidas pola Xunta ou transferidas á comunidade autónoma, segundo recolle a Orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, e que contén as bases reguladoras destas axudas e a convocatoria das mesmas para 2018.

Anuncian las ayudas para rehabilitar viviendas de protección pública

A XUNTA DESTINA 1 MILLÓN DE EUROS A AXUDAS PARA OBRAS DE REHABILITACIÓN E MELLORA DE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA

Poderán beneficiarse das subvencións as comunidades de propietarios dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo departamento que dirixe Ethel Vázquez e dos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non recibisen outra axuda do Instituto Galego da Vivenda e Solo para realizar obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria.

Os edificios que opten ás axudas deberán cumprir unha serie de requisitos, que van desde que o edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural ou que non teñan iniciadas as obras das actuacións para as que van solicitar axuda no momento de presentar a solicitude.

Actuacións subvencionables
Serán consideradas actuacións subvencionables todas aquelas obras destinadas á reparación, rehabilitación e/ou adaptación dos edificios incluídos no ámbito de aplicación desta orde que comprendan todos ou algúns dos seguintes traballos: adecuación das condicións de seguridade, nellora de habitabilidade, funcionalidade ou accesibilidade. Todos os requisitos poden consultarse no DOG de hoxe: https://goo.gl/nnnSF7 

Subvención e prazo de solicitudes
O orzamento subvencionable virá definido polo custo total das obras, que estará integrado polo prezo de execución destas, os honorarios facultativos, as licenzas e tributos satisfeitos que fosen precisos por razón das actuacións.  A contía da subvención será de ata o 60% do orzamento e ata un máximo de 4.000 euros por vivenda.

As solicitudes poderán presentarse durante o prazo de dous meses a contar dende o día seguinte á publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia, polo que dito prazo rematará o 20 de maio de 2018.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate