12 mar. 2018

40 años ya de la "Ilustrísima Irmandade de Cabaleiros da Santa Lamprea" celebrados en Arbo como corresponde

Rías Baixas TRIBUNA - Coa presenza do alcalde de Arbo, Horacio Gil,  como convidado de honra, a Ilma. Irmandade de Cabaleiros da Santa Lamprea celebrou o pasado día 10 de marzo a súa trixésimo oitava xuntanza. Con esta son 38 xuntanzas celebradas con especial relevancia; son as edicións desta celebración que conleva para esta xenuína irmandade o feito de peregrinar a Arbo  todos os anos, para -no local mais apropiado- declarar e renovar a súa devoción á lamprea.
Como ven sendo habitual, a xornada comezou coa xuntanza na parroquia de Cabeiras, seguida da xa tradicional baixada ao río, onde todos os anos depositan unha mensaxe nunha botella que arroxan ao curso do Miño, recipiente de vidro no que se recollen os desexos para o vindeiro ano. Despois celebrarían unha misa en memoria dos irmás integrantes da cofradía xa finados.
Chegou finalmente a hora de dar conta do excelso menú preparado e encomendado a conciencia. Antes de comezar coa degustación da lamprea nas súas diversas preparacións (estilo Arbo, asada e rechea) os novos lampreiriños, aquelas persoas que desexan incorporarse á Irmandade, tiveron que demostrar e prometer a súa devoción á lamprea e a súa fidelidade aos principios da Irmandade.
A Ilma. Irmandade de Cabaleiros da Santa. Lamprea naceu hai corenta anos, "froito da veneración dun grupo de fieis por este singular peixe, que eleva a degustación deste manxar a un estadio cuasi místico!, así o manifestaba o alcalde, Horacio Gil, que agradece, moi honrado, a invitación para copresidir esta entrañable xornada de convivencia, así como o traballo desenvolvido por este grupo de amigos, insuperables gastrónomos, en favor da Lamprea de Arbo. (Click en las fotos para ver a mayor tamaño)
Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate