19 mar. 2018

Ourense se convierte en ciudad pionera en la lucha contra el cambio climático, reducción del consumo energético y aprovechamiento de recursos naturales

19-3-18.
O titular da Xunta acompañado polo comisario de Acción polo Clima e Enerxía da Comisión Europea presidiu a presentación do proxecto do ecobarrio da cidade de Ourense.

O ECOBARRIO DE OURENSE CONVERTE GALICIA E A CIDADE NUN EXEMPLO DE TRANSFORMACIÓN URBANA SUSTENTABLE 

Feijóo asevera que con este proxecto Ourense se transforma nunha cidade pioneira na loita contra o cambio climático, na redución de consumo enerxético e no aproveitamento dos recursos naturais enerxéticos
Un dos principais obxectivos será establecer na zona a primeira rede de xeotermia de Europa, aproveitando esta fonte de enerxía para abastecer de calefacción e auga quente a medio centenar de edificios do contorno
“Estamos a falar dun proxecto que ten como fin demostrar que existe outra forma de facer urbanismo e outra forma de facer cidade: máis respectuosa co ambiente e con maior calidade de vida para os veciños”, incide o titular da Xunta
Crearase a Oficina do ecobarrio, para informar á comunidade de veciños e ás asociacións sobre as axudas e actuacións en materia de eficiencia enerxética
O presidente autonómico asegura que as enerxías renovables e o aproveitamento dos recursos naturais seguirán a desempeñar un papel fundamental, como proba a posta en marcha das Directrices Enerxéticas de Galicia
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que o ecobarrio da Ponte, en Ourense, converterá Galicia e a cidade das Burgas nun exemplo de transformación urbana sustentable que reproduce a pequena escala, a nivel de barrio, o que van ser as cidades europeas do futuro.
Durante o acto de presentación do proxecto, no cal tamén participou o comisario de Acción polo Clima e Enerxía da Comisión Europea, Miguel Arias Cañete, Feijóo aseverou que con este proxecto Ourense se transforma nunha cidade pioneira na loita contra o cambio climático, na redución de consumo enerxético e no aproveitamento dos recursos naturais enerxéticos. Ademais de poñerse novamente de manifesto o potencial da Autonomía no ámbito das enerxías renovables.
Sobre este punto, precisou que coa posta en marcha do primeiro ecobarrio na Comunidade, Galicia pasará a ser un referente en xeotermia. Non en van, un dos principais obxectivos será establecer na zona a primeira rede de xeotermia de Europa, aproveitando esta fonte de enerxía para abastecer de calefacción e auga quente a medio centenar de edificios do contorno. 
Cun investimento de 20 millóns de euros e a creación de 300 postos de traballo, o titular da Xunta lembrou ademais que esta iniciativa prevé mellorar a eficiencia enerxética un 20%, que o 20% da enerxía consumida proveña de fontes renovables e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro un 30%.
Presidente de la Xunta, Comisario europeo y Alcalde de Ourense
Así mesmo, o proxecto recolle tamén a posta a punto de fachadas e envolventes térmicas en colexios, institutos e outros inmobles como a futura estación intermodal; a substitución da iluminación actual por tecnoloxía led, tanto nos edificios como nas rúas; o fomento da mobilidade sustentable; e a posta en marcha da Oficina do ecobarrio, para informar á comunidade de veciños e ás asociacións sobre as axudas e actuacións en materia de eficiencia enerxética.
“Estamos, polo tanto, a falar dun proxecto que ten como fin demostrar que existe outra forma de facer urbanismo e outra forma de facer cidade: máis respectuosa co ambiente e con maior calidade de vida para os veciños”, abundou.
O presidente da Xunta afirmou que as enerxías renovables e o aproveitamento dos recursos naturais seguirán a desempeñar un papel fundamental, como proba a posta en marcha das Directrices Enerxéticas de Galicia que, cunha mobilización de 3.000 millóns de euros ata 2020, fomentará a cultura da eficiencia enerxética nos fogares, empresas e administracións.
“Queremos que Galicia se sitúe en primeira liña na industria das enerxías renovables e que cale entre a cidadanía a importancia do aforro enerxético e de conseguir cidades con menos contaminación”, dixo, agradecendo ao comisario Miguel Arias Cañete o apoio prestado desde a Comisión Europea para que este ecobarrio poida ser unha realidade cara ao 2020.




Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate