23 ene. 2018

Se acabó el peaje en el tramo entre Redondela y Vigo. Fomento acepta el planteamiento de la Xunta en la Comisión de Seguimiento de la AP-9

Rías Baixas TRIBUNA Se acabó el peaje entre Vigo y Redondela (Chapela, en realidad). Ese es el acuerdo de la comisión de seguimiento sobre la AP-9 que ha celebrado nueva reunión y en la que la Xunta apretó lo suyo para que Fomento aceptase eliminar el pago en la utilización de ese tramo.
Claro que, Fomento se pregunta ahora cómo va a hacerse frente al dinero que la concesionaria de la AP-9 dejará de percibir si coches y camiones al pasar por ese tramo no pagan... Todo parece indicar que el dinero contante y sonante que no entra en caja por ese peaje, habrá de salir de todos los usuarios de los otros tramos de la AP-9 que si tienen peaje... es decir, pagaremos más en los demás tramos, para así hacer posible que la concesionaria siga recibiendo el dinero del tramo de Redondela (como si allí se siguiese pagando)...
El tramo de la AP-9 entre Redondela y Vigo, Vigo y Redondela será así gratis. El Ministerio de Fomento acepta liberar el peaje, tal y como pidió -una vez más- la Xunta, aprovechando esta mañana su presencia en la Comisión de Seguimiento de la AP-9, cuya nueva reunión se celebró en Madrid.
La conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, ha apuntado al término de la reunión en Madrid que "se trata de una buena noticia" ya que se eliminará el peaje a los usuarios. En todo caso, no se ha hablado de plazos para la entrada en vigor de la medida acordada",  refirió la conselleira, apuntando que una vez que Fomento ha aceptado la supresión del peaje, ahora el Ministerio tendrá que empezar una fase negociadora con la concesionaria para abordar cómo ponerlo en práctica.
La reunión de hoy de la Comisión de Seguimiento de la AP-9, sirvió para refrendar otros compromisos como el de que todas las obras pendientes aún de realizar en la AP-9 se realicen con cargo a los presupuestos del Estado y no con el aumento de peajes como contrapartida.


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participou hoxe na terceira xuntanza deste foro co secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar
A XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO ACORDAN INICIAR OS TRÁMITES PARA A LIBERACIÓN DA PEAXE DA AP-9 ENTRE VIGO E REDONDELA 
  • O Ministerio de Fomento traslada a súa resposta favorable á proposta da Xunta e avanza que analizará o alcance económico da medida para abordar coa concesionaria a súa estruturación
  • O Goberno de España ratifica ante o Executivo galego o compromiso de que as obras de mellora e ampliación pendentes na Ap-9 se executen con cargo aos Orzamentos xerais do Estado e sen máis repercusións na peaxe
  • Na xuntanza de hoxe constatáronse os avances nos trámites para as obras complementarias á ampliación da Ap-9 en Chapela e informouse da licitación do novo colexio
  • Ambas administración abordaron os avances nos accesos á intermodal de Vigo, onde nas próximas semanas se pechará o proxecto detallado que permita continuar coa tramitación
  • A Xunta volveu poñer sobre a mesa a remodelación do enlace de Buenos Aires e o Ministerio de Fomento avanzou que lle remitirá ao Concello de Vigo os requisitos técnicos cos que debe concretar a súa proposta, tras lembrar que se trata dunha actuación de ordenación municipal
A Xunta e o Ministerio de Fomento acordaron hoxe iniciar os trámites para a liberación da peaxe da Ap-9 entre Vigo e Redondela. O secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar, trasladou hoxe a resposta favorable do Goberno de España á proposta do Executivo galego de suprimir por completo a obriga de pago neste treito da Ap-9, no que actualmente xa son gratuítas as viaxes de regreso que se realizan no mesmo día que o percorrido de ida.
O Ministerio de Fomento avanzou que analizará agora en detalle o alcance económico da medida e abordará coa sociedade concesionaria da autoestrada a súa estruturación.
A liberación da peaxe entre Vigo e Redondela foi o principal asunto tratado na terceira xuntanza da comisión conxunta sobre a Ap-9 que integran a Xunta e o Ministerio de Fomento e na que participaron a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, o secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar, ademais do secretario xeral Manuel Niño, entre outros.
Os representantes do Ministerio de Fomento e do Goberno galego abordaron tamén hoxe os progresos na tramitación das obras complementarias á ampliación da Ap-9 que se van executar en Chapela, sumando un importe total de 11 millóns de euros.
A ese respecto, o Goberno central informou da recente licitación das obras do novo colexio.
Ademais, o Ministerio de Fomento ratificou o compromiso adquirido co Goberno galego de establecer un cambio en relación coas obras da AP-9 para que, no futuro, todas as obras de ampliación e mellora pendentes que se realicen na autoestrada se financien con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado e non mediante novos incrementos de peaxe aos usuarios.
Ambas as dúas administración fixeron repaso das devanditas obras planificadas na Ap-9 nas cidades e constataron avances nos respectivos procesos de tramitación. Nese sentido, un dos asuntos tratados na reunión de hoxe foron os avances nos traballos relacionados cos accesos á estación intermodal de Vigo, onde nas próximas semanas se pechará o proxecto detallado que permitirá continuar coa tramitación urbanística e a sinatura do convenio sobre o seu financiamento.
Ademais, a Xunta puxo sobre a mesa a remodelación do enlace de Buenos Aires, e o Ministerio de Fomento lembrou a necesidade de que o Concello de Vigo defina a actuación demandada, xa que a finalidade principal da mesma é a ordenación do tráfico local. Por ese motivo, o departamento estatal lle remitirá ao Concello os requisitos técnicos que deberá reunir a súa proposta.
Fomento informou de que recentemente se iniciou o trámite expropiatorio do Enlace Orbital de Santiago e neste trimestre procederá ao levantamento das actas previas á ocupación do terreo.
En relación coa ampliación de Alfonso Molina, o secretario de Estado confirmou que está aberto o proceso de alegacións ao proxecto e sobre o Vial 18 informou de que proximamente se iniciará o proceso de información pública.

Páginas