11 ene. 2018

Por fin : la Oposición en Deputación tiene claro que Carmela Silva encarna en el organismo provincial la filosofía de beligerancia anti-Xunta que predica Abel Caballero

Rías Baixas TRIBUNA
O PP pide a Carmela Silva a comarcalización dos parques de bombeiros e a súa colaboración coa Xunta como están facendo as demais deputacións galegas
  • Os populares acusan a Carmela Silva de obedecer as ordes de Abel Caballero e impedir que se comarcalicen os parques de bombeiros da provincia.
  • Ángel Moldes instou a Mosquera a que “exerza o seu peso político” e sinalou á presidenta da Deputación como “única responsable se hai unha desgraza e os bombeiros non chegan a tempo. Estamos a falar de vidas humanas e problemas reais que sufren os veciños e veciñas da provincia de Pontevedra”.
  • O grupo provincial do PP anuncia a presentación dunha moción  no que se pide que a Deputación asuma a comarcalización dos parques de bombeiros das cidades e que participe economicamente no seu desenvolvemento nas zonas de sombra en materia de emerxencias.
Deputados provinciais do PP, alcaldes de Campo Lameiro A Lama e Moraña, así como voceiros e concelleiros desta formación política nos concellos da comarca de Pontevedra (Pontecaldelas, Barro, Soutomaior, Poio, Cerdedo-Cotobade e Marín) esixiron á presidenta da Deputación, Carmela Silva, que acceda a colaborar coa Xunta de Galicia no plan de comarcalización dos parques de bombeiros existentes na provincia e anunciaron, ante o parque de bombeiros de Pontevedra,  a presentación dunha moción neste sentido que presentarán ao próximo pleno do ente provincial.

O voceiro do PP na Deputación de Pontevedra, Ángel Moldes, acusou directamente á presidenta Carmela Silva de “ser a única responsable política no caso de que haxa unha desgraza e os bombeiros non cheguen a tempo. Estamos a falar de vidas humanas e de problemas reais que sufren os veciños e veciñas de toda a provincia de Pontevedra”.

Moldes, que se solidarizou coa familia do concelleiro de Ponte Caldelas que sufriu un accidente nunha estrada da Lama e que tivo que agardar varias horas a chegada das emerxencias, indicou que “demóstrase unha vez máis que a presidenta da Deputación goberna de costas aos intereses dos alcaldes e os veciños da provincia de Pontevedra, de todas as cores políticas porque aquí está reclamando a comarcalización deste parque  tanto alcaldes do PP, do BNG, como o de Poio ou incluso o socialista de Ponte Caldelas. Temos que darlle unha solución inmediata a este tema real, a  un problema histórico e urxente, antes de que sexa tarde, e sen politiqueos. Non se pode actuar o día despois e cando xa hai unha desgraza”.

BOA DISPOSICIÓN DA XUNTA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA E A OPOSICIÓN FRONTAL DE ABEL CABALLERO

“Cando chegou o bipartito ao goberno falaban de cambiar a xestión privada dos parques por unha pública e pasa o tempo e non dan ningún tipo de resposta. É tempo de que se dean solucións que demanda a cidadanía. A única responsable é a presidenta da Deputación por obedecer única e exclusivamente as ordes do alcalde de Vigo. O único que está totalmente en contra da comarcalización dos parques de bombeiros é Abel Caballero que está empeñado en deixar ben claro que quen manda na Deputación non é Carmela Silva nin o bipartito senón directamente o alcalde de Vigo”, sentenciou Ángel Moldes.

O voceiro popular salientou a boa disposición da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra en atopar unha solución para comarcaliza-lo parque de bombeiros e insta ao vicepresidente nacionalista da Deputación, César Mosquera, a “facer valer o seu peso político e darlle o seu apoio á comarcalización dos parques de bombeiros. O que non pode ser é que permita á presidenta da Deputación, por obedecer a Caballero, que deixe tirados aos veciños e veciñas de toda a provincia e sen un servizo de emerxencias. Non pode ser que sigan ocurrindo casos como os que están sucedendo con sinistros a escasa distancia deste parque de bombeiros, que está no termo municipal de Poio e que teñan que agardar a chegada de efectivos vidos doutras zonas por problemas burocráticos e de competencias”, sentenciou Moldes.

O PP criticou tamén que mentres a Xunta está chegando a acordos coas outras tres de deputacións (dúas con gobernos socialistas) para mellorar a atención ás emerxencias en concellos de menos de 20.000 habitantes, en Pontevedra hai unha política de escurantismo “que incluso nos impiden acceder aos informes que abordan o tema” polo que esta formación política levará ao vindeiro pleno unha moción na que se solicita que:

1.- A  Deputación Provincial participe, como é a súa competencia, na mellora da atención ás emerxencias en concellos de menos de 20.000 habitantes.

2.- Que asuma a comarcalización dos parques das cidades como o método máis racional para dar servizo aos concellos que están pegados a elas.

3.- Que participe economicamente no seu desenvolvemento e na posta en funcionamento dos novos servizos que actuarán sobre as zonas de sombra que aínda quedarían por cubrir.

4.- Que materialice ese compromiso nos seus orzamentos, ao igual que fixo a Xunta de Galicia nas contas de 2018.


5.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra aprobe en pleno, ao igual que fixo a de Lugo e anunciou que fará a da Coruña, as condicións establecidas pola Xunta de Galicia para o pase dos servizos de bombeiros a xestión directa e que esa aprobación permita avanzar na homoxeneización dos salarios dos bombeiros dos consorcios provinciais.

LA RESPUESTA DEL PORTAVOZ DE CARMELA SILVA, CARLOS FONT :
CUALIFICA DE “ABSOLUTA VERGOÑA QUE RUEDA E O SEU GRUPO TARDEN UN ANO EN DECATARSE QUE PARA FALAR DE COMARCALIZACIÓN TEÑEN QUE FALAR ANTES COS CONCELLOS”

“Con quen ten que falar é cos alcaldes de Pontevedra e Vigo, e teno que facer xa, que non esperen outro ano”. Tamén pide aos populares que “teñan menos descaro cando falan da volta a un servizo público, son os mesmos que o privatizaron cunha concesión de 8 anos”

Font sinalou que “o accidente da Lama proba que a comarcalización de Rueda non é a solución. Os efectivos de Pontevedra tardarían uns 40 minutos en chegar, moi lonxe dos 20 minutos dunha resposta adecuada que si contempla o noso modelo de isocronas”

O deputado provincial Carlos Font respondeu hoxe ás críticas do PP e as súas demandas sobre a pretendida comarcalización como solución ás emerxencias na provincia, dicindo que “é unha absoluta vergoña que Alfonso Rueda e o seu grupo provincial tarden todo un ano en decatarse que para empezar a falar de comarcalización teñen que falar antes cos concellos”. “Non está nada mal, ironizou o deputado sobre o “repentino” anuncio de que este mes comezará a falar cos municipios afectados. “Un ano despois de que a Deputación de Pontevedra fose a única institución que defendera o dereito dos concellos de ser preguntados, Rueda anuncia agora que vai empezar a falar pero, ¿con que concellos vai falar?, porque con que ten que falar é con Pontevedra e con Vigo e teno que facer xa, que non esperen outro ano”, dixo o deputado. 

Font se referiu igualmente “a segunda marcha atrás do Vicepresidente da Xunta que agora di que os dous millóns de euros que dixo ter para a comarcalización poderían ser incrementados. É fantástico, Rueda dáse conta agora que, como dixo a Deputación, con eses cartos non tiña nin para empezar. Parécenos moi ben, seguiremos dicíndolle cousas para que siga tomando notas”, engadiu, “pero que de resposta ás nosas preguntas: ¿cal é o modelo do que fala?, ¿cantos recursos serían necesarios?”, preguntou o deputado. 

Font tamén se refiriu á posibilidade da que fala o PP de que co seu modelo de comarcalización o servizo podería volver a ser público. “Pódese ter maior descaro que falen deste tema os mesmos que deron a concesión por oito anos a unha empresa privada antes de saír do goberno provincial, pero como se atreven?.

O deputado tamén engadiu que “ninguén entende tampouco que haxa alcaldes e alcaldesas do Partido Popular que acepten un proxecto que, tal e como se anuncia, non cumpre coas isocronas e deixa zonas de sombra sen cobertura. É unha pena que en lugar de defender aos seus veciños e veciñas prefiran defender a Rueda e ao seu partido contra os intereses das súas vilas”.

Respecto ao accidente dun concelleiro de Ponte Caldelas no concello da Lama, Font sinalou que
 “precisamente este sinistro pon claramente de manifesto que o modelo que pretende impor Alfonso Rueda non é a resposta ás necesidades da provincia porque non cubre as zonas de sombra”.  O deputado explicou que “cando os populares din que tiñan que ter sido os efectivos de Pontevedra os que atenderan o accidente, ou non saben do que falan, ou directamente menten porque desde o Parque pontevedrés se tardan ao redor de 40 minutos en chegar ao  sinistro, polo tanto, moi lonxe dos 20 minutos que é a resposta adecuada e que precisamente si contempla o noso modelo de isocronas do que Alfonso Rueda non quere falar”.

O deputado aclarou que “en calquera caso, e tal como confirma o informe do Xerente do Consorcio Provincial Contra Incendios, é a Xunta de Galicia  quen decide ao través do 112 o Parque que se debe mobilizar en cada caso, e no caso do accidente da Lama, foi o 112 o que decidiu que foran os efectivos de Ribadumia os que atenderan o suceso”, preguntou Font. Tamén relatou que desde os parques “se cumpriron exactamente as ordes do 112. A alerta da Xunta chegou as 23.19 horas e os camións saíron as 23.21 horas hacia A Lama. Foron activados os parques de Ribadumia e Pontevedra e finalmente o 112 decidiu que foran os efectivos de Ribadumia os que se desprazaran ao sinistro”

Páginas