10 ene. 2018

Master Class Zumba de Inverno, no pavillón de Rodeira (Cangas), este sábado

Rías Baixas TRIBUNA
Este mércores, día 10 de xaneiro, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación da MASTER CLASS ZUMBA DE INVERNO. O acto acudiron Xoán C. Chillón Iglesias (Concelleiro de Deportes), Luisa Martínez / Meli Costas / Mª Pilar Araujo / María Martínez (Vocáis de ADICAM) e Ana Boubeta / Noe Pérez (Monitoras de Zumba). O evento, que terá lugar este sábado, día 13 de xaneiro, no Pavillón de Deportes de Rodeira, transcorrerá en horario de 20.00/22.00 h, e nel espérase a participación de 150 persoas achegadas dende diferentes puntos da provincia de Pontevedra.


O evento está organizado polo ADICAM e conta coa colaboración da CONCELLARÍA DE DEPORTES do Concello de Cangas
inscrición ten un custe de 3 € (donativo)


Páginas