15 oct. 2017

Mobilizados todos os medios dispoñibles para loitar contra os incendios forestais

VIGO/PONTEVEDRA). Rías Baixas tribuna. A Xunta de Galicia quere deixar claro que ten mobilizado a todos os medios dispoñibles para loitar contra os incendios forestais na xornada de hoxe, especialmente complexa, e neses medios están incluídos os bombeiros do Concello de Vigo.
O Goberno galego agradece a labor de todos os efectivos que están a traballar a reo para acabar cos lumes que no día de hoxe se teñen rexistrado en toda a comunidade e desminte categoricamente que non teña avisado a determinados medios para unirse aos dispositivo.
En concreto, é rotundamente falso que a Xunta teña rexeitado o ofrecemento do Concello de Vigo para contar cos bombeiros do municipio, que teñen sido mobilizados en distintas ocasións ao longo da xornada, tanto en incendios dentro do propio límite municipal, como en concellos adxacentes como Mos, Gondomar e Redondela. 
Nalgúns dos casos, de feito, os bombeiros foron mobilizados – e saíron- antes do ofrecemento de colaboración efectuado polo Concello de Vigo.
O Goberno Provincial da Deputación de Pontevedra mantén movilizados todos os departamentos da institución ante a grave situación dos incendios. A estas horas, o gabinete de crise, que a presidenta Carmela Silva activou a pasada madrugada, segue a traballar en coordinación con Medio Rural da Xunta e os concellos do sur da provincia a fin de sumar esforzos para poder controlar a situación que, sobre todo, está a afectar as comarcas do Condado, Vigo, Val Miñor e Baixo Miño con miles de hectáreas quemadas e vecinos e veciñas desaloxad@s. 
Desde onte a noite, a Deputación movilizou todos os parques do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento, Vilagarcía, O Porriño, Bueu e Ribadumia,  que se puxeron a disposición do 112 e de Medio Rural, e que ao longo do día movéronse en función da perigosidade dos lumes, desde Pazos de Borbén a Mondariz, Ponteareas, Redondela, Gondomar, Baiona, Oia, Mos, Salvaterra ou As Neves.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate