13 oct. 2017

La Xunta sospecha de una red de delincuentes dedicados a propagar fuegos en Galicia aprovechando la sequía

VIGO/PONTEVEDRA). Rías Baixas tribuna.
Galicia está a rexistrar unha elevada actividade incendiaria nos últimos días, que se focaliza especialmente nas provincias de Ourense e Lugo. Como dato ilustrativo, baste dicir que no que vai de mes de outubro houbo na nosa comunidade un total de 235 lumes (123 deles na provincia de Ourense). Esta cifra é máis do dobre da rexistrada no mesmo período de 2016 e supera amplamente a media dos últimos cinco anos nestas datas, que se sitúa nos 91,2 lumes en Galicia. Ademais, a maioría dos lumes rexístranse en horas nocturnas, cando os medios aéreos non poden operar e en zonas de difícil acceso, que tamén dificultan o traballo do dispositivo en terra.

A Xunta denuncia publicamente o dano que os incendiarios están a causar no noso patrimonio forestal, que obriga a intensificar os labores de investigación, prevención e extinción dos lumes. Por iso, o Goberno galego puxo en marcha, en colaboración cos corpos e forzas de seguridade do Estado (galegas e estatais), unha investigación exhaustiva para coñecer as causas desta desmesurada actividade delitousa incendiaria, localizar os seus responsables e poñelos a disposición da Xustiza. 

A investigación das causas e os causantes dos lumes incluirá un profundo traballo de pescuda sobre as zonas nas que se inician os lumes, co fin de aclarar a intencionalidade que está detrás da práctica totalidade dos incendios rexistrados nos últimos días, e depurar as correspondentes responsabilidades. A Xunta lembra que, malia as detencións de presuntos incendiarios realizadas nas últimas horas, segue a haber unha elevada actividade incendiaria, centrada ademais en espazos de Rede Natura e na súa maior parte de monte raso, que está a supoñer un grave dano para a riqueza forestal de Galicia.


O Goberno galego fai, unha vez máis, un chamamento á responsabilidade e á colaboración da cidadanía, para que denuncien calquera actividade delitousa da que teñen coñecemento e tamén para alertar, a través do teléfono gratuíto 085, dos lumes que se rexistren, apoiando así o labor dos efectivos de extinción.
Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate