14 sept. 2017

Sectarismo en Deputación. La Oposición recuerda cómo Carmela Silva veta a determinados alcaldes y castiga así a miles de ciudadanos

VIGO/PONTEVEDRA). Rías Baixas tribuna.
Moldes acláralle a Carmela Silva que moción de censura foi a da Deputación de Lugo non a de Sanxenxo.
Recórdalle ademais que tampouco recibiu nunca ao anterior alcalde. Considera que a única razón pola que non recibe a certos alcaldes é “porque non lle dá a gana”.
A polémica xa diaria entre Oposición e Bigoberno da Deputación de Pontevedra, continúa. 
O voceiro do PP na Deputación, Ángel Moldes, aclarálle á presidenta, Carmela Silva que a alcadía de Telmo Martín en Sanxenxo non naceu produto de ningunha moción de censura, senón da  dimisión dun alcalde e un posterior pacto co PP, provocado precisamente pola burla que se lle fixo desde a Deputación de Pontevedra e os posteriores desencontros causados pola reforma da avenida Luis Rocafort. 
Neste sentido Moldes considera que en Sanxenxo o problema de Carmela Silva  ten que ser outro, porque nin recibe a Telmo Martín nin recibiu nunca ao anterior alcalde, ao contrario, consentiu que o seu equipo de Goberno o desprezaran e insultaran publicamente, como “un alcalde que se baixa os pantalóns ou un alcalde novato”, mentres ela aplaudía. O problema visto así, igual o ten cos veciños de Sanxenxo, os únicos prexudicados pola súa decisión. 
Moldes recórdalle ademais que moción de censura é outra cousa, “moción de censura foi a que fixo o partido de Carmela Silva na Deputación de Lugo”.
En todo caso, explica Moldes, o problema de Carmela Silva vai máis alá de mocións de censura ou non, o problema aféctalle aos alcaldes do PP, e a todos, incluso do seu partido que non lle rin as gracias a ela e a Caballero. “Algo que se debería facer mirar porque ela é a presidenta da Deputación de Pontevedra, a que debera representar a todos os concellos da provincia, sexan da súa cor política ou non”. 
“Se non recibe a certos alcaldes é porque non lle dá a gana, algo que deberá reflexionar porque se está equivocando, non pode estar continuamente buscando a confrontación política permanente con todas aquelas institucións gobernadas polo Partido Popular porque a súa función como presidenta da Deputación de Pontevedra é outra”, conclúe Moldes.     
Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate