15 sept. 2017

PARLAMENTO AUTÓNOMO : ACORDO UNANIME PARA INCLUÍR NAS PRESTACIÓNS ASISTENCIAS DE TRABALLADORES DO MAR, A PERCEBEIROS, REDEIRAS E MARISCADORAS

Compostela). Rías Baixas tribuna.
A deputada e portavoz de pesca do BNG, Montse Prado lembrou hoxe ao percebeiro Paco Souto que perdeu a vida tras un tráxico accidente cando se atopaba desenvolvendo a súa actividade en Razo, Carballo e reclamou incluír nas prestacións asistencias de traballadores do mar, a “percebeir@s, redeiras e mariscadoras” ademais de  presentar un recurso ante o ISM para que sexan recoñecidos, “con carácter retroactivo” os dereitos dos familiares que sufriron a perda dalgún membro nun tráxico suceso no mar
A  proposición non de lei defendida por Montse Prado na comisión de Pesca  acadou o apoio unánime para que o Parlamento inste ao goberno galego a esixir do Goberno do Estado modificar a actual lexislación que regula a concesión de prestacións asistenciais para traballadores do mar coa inclusión de “percebeir@s, mariscadoras e redeiras e outros casos que non realicen a súa actividade a borde de embarcacións”.

A parlamentaria agradeceu o apoio do resto das forzas políticas, á proposta nacionalista para mudar unha lexislación que “ignora por completo a realidade dos traballadores/as do mar en Galiza”. Prado lembrou as recentes mortes dos últimos anos entre os que destacou,  á percebeira de Oia, Mercedes Veiga  e o percebeiro Paco Souto, cuxos familiares tras presentar solicitude para a prestación asistencial por falecemento, esta foi  denegada baixo a argumentación dun “falecemento non producido a bordo dunha embarcación”. 

Para a deputada, “esta denegación”, evidencia o desamparo deste colectivo polo feito de non estar embarcados polo que amosou o seu convencemento en que o acordo parlamentario acadado hoxe, tras unha transacción co grupo popular, poña fin definitivamente a unha situación que discrimina a un gran número de traballadores e traballadoras do mar.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate