27 sept. 2017

No domingo, municipais en Portugal > Feijóo di que Ricardo Rio é o mellor candidato para que Braga siga avanzando e para que “os nosos pobos sigan crecendo da man”

BRAGA (Portugal)). Rías Baixas tribuna.
Indica que os vínculos comúns co noso “país irmán” serven de base para o traballo conxunto da Comunidade Galicia-Norte de Portugal
Feijóo di que Ricardo Rio é o mellor candidato para que Braga siga avanzando e para que “os nosos pobos sigan crecendo da man”
Pon en valor o “admirable” sistema electoral municipal portugués que permite garantir que “o municipio tome sempre o rumbo que a maioría decide”

 


O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participu hoxe nun mitin para apoiar ao aspirante á Alcaldía de Braga, Ricardo Rio, ao que cualificou como “o mellor candidato para que Braga siga avanzando”. “Non é só o mellor parceiro dos galegos para que os nosos pobos sigan crecendo da man. É o mellor parceiro dos bracarenses para que a vosa cidade siga sendo un gran espello no que mirarse”, remarcou.
“Confío na responsabilidade e na sabedoría política dos bracarenses”, apuntou antes de asegurar que está convencido de que “Ricardo Rio será o presidente da Cámara de Braga durante os vindeiros catro anos”.
O líder do PPdeG tamén manifestou que os galegos temos moitos puntos en común co noso “país irmán” . Segundo precisou, eses vínculos culturais,  económicos, educativos, e políticos  serven como base para o labor conxunto que se desenvolve no seo da Comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal.
 “Galicia pode admirar moito de Portugal”, aseverou Feijóo salientando o “magnífico traballo” que realizan en Braga os científicos españois e portugueses do Laboratorio ibérico internacional de nanotecnoloxía, cuxas investigacións poden converter a Eurorrexión en referencia mundial nese campo.
Do mesmo xeito, sinalou que a nosa Comunidade tamén pode admirar do país veciño un sistema electoral municipal que garante que o candidato máis votado sexa o presidente da Cámara, definíndoo como “admirable” xa que permite garantir que “o seu municipio tome sempre o rumbo que a maioría decide”.
BRAGA, CIDADE EXEMPLAR
“O tempo novo que Ricardo Rio prometeu traer a Braga xa é hoxe unha realidade”, destacou o líder dos populares galegos namentres apuntaba que na actualidade esta urbe portuguesa é máis transparente, máis innovadora, máis respectuosa co seu patrimonio e a súa cultura, máis próspera, e gobernada con honestidade e credibilidade. “Hoxe Braga é unha cidade mellor”, insistiu mentres precisaba que “se é a cidade con máis mozos de Portugal é porque aquí a xente nova ten oportunidades”.
Así mesmo, Feijóo lembrou que, nos últimos anos, “Braga gañou en calidade de vida e os bracarenses gañaron en ilusión”. De feito, é a terceira mellor urbe de Europa para vivir segundo o Eurobarómetro. Por ese motivo, o presidente do PPdeG pediu aos veciños que volvan confiar de novo en Rio o vindeiro domingo xa que non é doado ter un alcalde “traballador, dialogante e con ideas”.
 
Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate