2 sept. 2017

Mejoras notables en la Residencia de Tiempo Libre, de Panxón

VIGO/PONTEVEDRA). Rías Baixas tribuna.
A Residencia de tempo libre de Panxón, na localidade pontevedresa de Panxón, loce un aspecto máis moderno e xuvenil tralas obras acometidas pola Xunta nas instalacións localizadas preto da praia de Patos. Unha profunda reforma na que a Administración autonómica investiu nos últimos dous anos 342.037,07 euros, mellorando notablemente o seu aspecto. 


As positivas valoracións dos usuarios e o persoal púidoas comprobar de primeira man o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, quen visitou esta mañá as obras acompañado pola xefa territorial de Política Social en Pontevedra, Marta Iglesias, e a directora da residencia.

A remodelación integral iniciouse o pasado ano coa zona de recepción e distribución da planta baixa, incluíndo o comedor, a adaptación dos baños públicos e a reparación do ascensor, para os efectos de dar cumprimento aos criterios de accesibilidade, mellorando notablemente a estética e funcionalidade do centro. Unhas actuacións que se complementaron no presente exercicio coa adaptación de catro habitacións para usuarios de mobilidade reducida, con camas articuladas e escritorios abatibles, e os seus respectivos aseos. 


Tamén se executaron obras de pintura, carpintería e fontanería, mellorouse a seguridade coa instalación dunha central de alarmas e a accesibilidade exterior co nivelado de terras e a instalación dunha soleira na zona de acceso de vehículos ao centro, que presentaba dificultades de tránsito.   

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate