12 sept. 2017

La Oposición vuelve a apretar las clavijas al bigobierno de Deputación, ahora por la "acomodaticia política en materia de Turismo"

O PP pide á Deputación que convoque unha mesa provincial do turismo para analizar medidas para desestacionalizar o sector
  • Ángel Moldes defende que sexa “unha mesa aberta, que escoite e onde non ten que haber política, senón o interese do sector e de todos os veciños da provincia”.
  • Telmo Martín destaca que “no Salnés as cousas estanse facendo ben, pero sen recibir o apoio, respaldo e iniciativa da Deputación, que non conta cos concellos”. 
VIGO/PONTEVEDRA). Rías Baixas tribuna.  O grupo provincial do Partido Popular presentou esta mañá en Sanxenxo a proposta que presentará no próximo pleno da Deputación para pedir ao Bipartito que cree unha mesa provincial de turismo, unha mesa aberta e de diálogo na que se inclúa a todos os representantes do sector, alcaldes da provincia e incluso representación da Xunta, para analizar entre todos que medidas e iniciativas se poden tomar para desestacionalizar o turismo de modo que sexa un sector do que se poida vivir e xere emprego durante todo o ano.
Así o defendeu o voceiro do grupo, Ángel Moldes, acompañado polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e dos deputados provinciais Salomé Peña e Luis Aragunde. Nesa mesa, a xuízo de Moldes, habería que falar de estratexias, do turismo de sol e praia, do turismo termal, do camiño, do turismo cultural, gastronómico e un largo etcétera. “Unha mesa aberta, que escoite e onde non ten que haber política, senón o interese do sector e de todos os veciños da provincia. O sector ten moito que aportar e que dicir, e incluso criticar e hai que escoitalos”. Así, recordou que si a Marca Rías Baixas, creada polo anterior Goberno do PP, sigue funcionando é precisamente porque en todo momento se contou co sector.
O presidente do PP local e alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, tamén incidiu na importancia do turismo para a provincia. “Na comarca do Salnés as cousas estanse facendo ben, pero sen recibir o apoio, respaldo e iniciativa da Deputación, que non conta cos concellos. Así as cousas non funcionan ben, o turismo ten que estar a parte do debate político, todos debemos remar na mesma dirección”. 
Por iso, os populares fan un chamamento á presidenta da Deputación para que de unha vez por todas teña en conta a opinión dos alcaldes. “Non é normal que a día de hoxe alcaldes como Telmo Martín non sexan recibidos na Deputación de Pontevedra. Telmo Martín non é o alcalde do PP, é alcalde de todos os veciños de Sanxenxo, e falando de un sector estratéxico como é o turismo e o papel que xoga este concello non é normal que non sexa recibido para falar das problemáticas que afectan aos veciños”, criticou Moldes. A  modo de exemplo, tamén recordou a crítica que fixo no seu momento o alcalde do Grove, “que non é sospeitoso de ser do PP”, e que denunciaba que o Plan Concellos se esquecía das particularidades que teñen os concellos turísticos da provincia, que durante os meses de verán multiplican a súa poboación e polo tanto, tamén os gastos dos servizos que prestan.
O voceiro tamén criticou a actitude de Carmela Silva ao facer a valoración de toda a tempada estival, “que lle costara tanto mencionar a Sanxenxo. Si se fai un repaso á súa rolda de prensa, case en ningún momento se menciona este concello a pesar de todo o que significa en materia de turismo”. Ao contrario, sinalou o popular, para o PP é un orgullo estar en Sanxenxo e que sirva de motor económico para toda a provincia, polo que entendían que era o lugar fundamental para presentar unha moción sobre turismo. 

Por último, o popular tamén criticou que a día de hoxe continúan esperando “por aquel Plan Estratéxico de Turismo que quedou nunha mera presentación e titular de prensa”. Recordou que solicitaron ata en tres ocasións copia dese informe e aínda non recibiron ningunha resposta.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate