4 sept. 2017

GALICIA LIDERA AS AFILIACIÓNS EN AGOSTO E É A TERCEIRA COMUNIDADE NA QUE MÁIS DIMINÚE O PARO

VIGO/PONTEVEDRA). Rías Baixas tribuna.
Galicia pecha agosto con 181.125 persoas no paro, situándose por primeira vez desde o inicio da crise por debaixo das 190.000 nun mes de agosto. O desemprego caeu con respecto ao mesde xullo un 0,41% e con respecto ao mesmo mes do ano pasado un 6,17%. “Os datos reflicten que Galicia vai na boa dirección mantendo un mellor comportamento que a media española, xa que somos a terceira comunidade onde máis diminúe o paro e somos tamén a comunidade con máis afiliacións”, destacou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.
Así, mentres que España rexistra unha suba do desemprego do 1,39%, Galicia baixa un 0,41% con respecto ao mes pasado, situándose como a terceira comunidade con máis caída intermensual en termos absolutos. Con respecto ás afiliacións, Galicia sobe un 0,23% con 2293 máis, mentres que o estado baixa un 0,97%, situándose como a comunidade autónoma na que máis se incrementa a afiliación intermensual.

Tal e como destacou o conselleiro, a calidade do emprego segue crecendo: “Os datos están dando mostras da fortaleza da recuperación económica en Galicia e temos que seguir avanzando para que esa recuperación chegue a todos creando emprego”, destacou e lembrou que no último ano se crearon preto de 20.000 postos de traballo “que marcan a tendencia clara de que remataremos esta lexislatura por riba dos 80.000 empregos creados”.
Neses últimos doce meses o paro descendeu nas principais variables, baixando nas catro provincias e tamén nas sete grandes cidades, así como en todos os sectores, liderando o descenso a construción (-17,56%), a agricultura e a pesca (-10,86%) e a industria (-10,36%).
Tamén caeu o paro nos colectivos prioritarios para a Xunta como son os menores de 30 anos, os parados de longa duración e as mulleres: “Dous de cada tres desempregados que saíron do paro nos últimos 12 meses eran parados de longa duración”, informou Conde.
O conselleiro insistiu en que para que a recuperación sexa firma hai que seguir afondando na creación de emprego de calidade, así explicou que a contratación en xeral subiu no último ano un 9,38%, superando en 3,5 puntos a media estatal, aumentando tanto a indefinida un 8,98% como a contratación a tempo completo un 12,71%.
Con respecto ao mesmo mes do pasado ano, o número de persoas sen emprego tamén diminuíu, nun 6,17%, rexistrándose 11.920 parados menos e encadeando catro anos consecutivos de caída na evolución anual nun mes de agosto, período no que 1 de cada 3 parados abandonaron as listas do paro. Tamén aumentaron as afiliacións un 2,02% rexistrando máis de 3 anos de subidas consecutivas. En canto ás provincias, Pontevedra lidera a baixada con respecto a agosto de 2016 (-8,09%), seguida da Coruña (-5,90%), Ourense (-4,11%) e Lugo (-1,67%).

Medidas adaptadas ás novas necesidades
Con estes datos, o mercado laboral segue mellorando en Galicia mes a mes baixando as cifras de desemprego de xeito consecutivo desde principios de ano, o que sitúa á Comunidade ante un bo escenario para acadar o reto fixado na Axenda 20 de crear, polo menos, 80.000 novos postos de traballo.
Conde destacou que a Xunta seguirá traballando nesta dirección para consolidar e mellorar estes datos coa prioridade de crear emprego estable e de calidade a través dunha planificación axeitada. Entre estas medidas, varias foron activadas no último mes, como a posta en marcha do bono autónomo con apoios de ata 3000 euros; o aumento en seis meses da tarifa plana de 50 euros do estado para garantir a continuidade de 6000 autónomos galegos, a ampliación nun millón de euros das axudas para a contratación indefinida do primeiro, segundo e terceiro traballador; as axudas para incentivar con ata 10.000 euros nas pemes a contratación indefinida de desempregados; ou os apoios para impulsar o emprego xuvenil, dotados con 9 millóns de euros, máis a experiencia pioneira Emprega Xuventude.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate