16 sept. 2017

FEIJÓO SALIENTA QUE ANTE AOS NACIONALISMOS EXCLUSIVOS GALICIA APOSTOU POLO GALEGUISMO INCLUSIVO, PLURAL E ADAPTADO AO SÉCULO XXI

VIGO/PONTEVEDRA). Rías Baixas tribuna.  
O presidente da Xunta impartiu a conferencia Galicia e os desafíos do Estado das Autonomías, dentro do acto de entrega da Medalla do Traballo a Xerardo Fernández Albor
FEIJÓO SALIENTA QUE ANTE AOS NACIONALISMOS EXCLUSIVOS GALICIA APOSTOU POLO GALEGUISMO INCLUSIVO, PLURAL E ADAPTADO AO SÉCULO XXI
Incide en que o papel da Comunidade ante os desafíos do Estado das Autonomías será mantelo, repudiando deste xeito o ataque á legalidade que está a vivir Cataluña 
Expresa o seu convencemento de que a democracia prevalecerá como prevaleceu fronte ao golpismo e o terrorismo
Lembra que a breve pero intensa historia do autogoberno de Galicia é a historia dun grande éxito colectivo no que desaparecen muros e se tenden pontes; unha idea que quedou condensada no sentidiño do presidente Albor
Insiste en que “pretender reformar a Constitución cos que simplemente non queren ningunha Constitución española é un camiño estéril que conduce á frustración”
Destaca a necesidade de non caer na trampa de comparar o actual e real Estado das Autonomías cun federalismo ideal, impreciso e, en ocasións, platónico
Subliña a contribución do ex presidente Albor, como home de concordia, a unificar Europa, a unificar España e a unificar Galicia


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que fronte aos nacionalismos exclusivos Galicia  elixiu outro camiño, “o seu camiño”, un galeguismo inclusivo, plural e adaptado ao século XXI. E incidiu en que o papel da Comunidade ante os desafíos do Estado das Autonomías será mantelo; “esa é a mellor lección que nos deu sempre o presidente Albor”, dixo, durante a conferencia Galicia e os desafíos do Estado das Autonomías, dentro do acto de entrega da Medalla do Traballo ao ex-presidente da Xunta.

Interpretando o sentimento de moitos galegos, Feijóo repudiou deste xeito o ataque á legalidade que está a vivir Cataluña e uniuse aos demócratas “que, no Goberno ou na oposición, lle fan fronte coas ferramentas da democracia”. “Fágoo como demócrata, como español e como galego”, aseverou, expresando o seu convencemento de que a democracia prevalecerá como prevaleceu fronte ao golpismo e o terrorismo.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico lembrou que a breve pero intensa historia do autogoberno de Galicia é a historia dun grande éxito colectivo xeral no que desaparecen muros e se tenden pontes. Unha idea que quedou condensada no sentidiño do presidente Fernández Albor.

“Galeguismo inclusivo e nacionalismos exclusivos parten de visións antagónicas da pluralidade social. Alí onde uns ven enriquecemento, vitalidade e liberdade, outros perciben unha ameaza contra a súa idea de país homoxéneo, pétreo, hermético e pechado”, abundou.

Feijóo precisou así que o galeguismo do século XXI non está afectado pola hispanofobia obsesiva e a eurofobia pugnaz que afectan a algúns nacionalistas que non admiten nin entenden o rico acopio de identidades. E, nesta mesma liña, asegurou que conceptos como independencia, desconexión ou autodeterminación son perigosos anacronismos nun mundo interdependente, conectado e con actores mutuamente determinados. 

“Nin Galicia nin Cataluña, nin ningún outro país dotado de personalidade, pode aspirar a defendela retrocedendo no tempo, senón incorporándose ao tempo presente e compartindo o seu ritmo”, aseverou.

Un galeguismo leal co marco constitucional e estatutario adoptado polos galegos
Así mesmo, salientou que o galeguismo que une os galegos é un galeguismo leal co marco constitucional e estatutario adoptado polos galegos. Lealdade que, segundo precisou, non é sinónimo de submisión, nin equivale a renunciar a reivindicacións diante de calquera instancia que dane os intereses dos galegos, pero si é necesaria para que o terreo político non quede a mercé de demagoxias que utilizan a forza da desobediencia sistemática como <ultima ratio>.

Feijóo insistiu en que “pretender reformar a Constitución cos que simplemente non queren ningunha Constitución española é un camiño estéril que conduce á frustración”, destacando a necesidade de non caer na trampa de comparar o actual e real Estado das Autonomías cun federalismo ideal, impreciso e, en ocasións, platónico.

Xerardo Fernández Albor: herdeiros da súa palabra, da súa obra e do seu sentidiño
Xa na clausura do acto simposio Xerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente, Feijóo afirmou que na Galicia de hoxe todos os galegos sentímonos herdeiros da súa palabra, da súa obra e do seu sentidiño. “Se España atopa en Adolfo Suárez o líder idóneo para capitanear a Transición, o noso país ten a fortuna de partir cara á democracia con Xerardo Fernández Albor á fronte”, asegurou, precisando que poucos como el souberon interpretar con tanto acerto ese carácter sereno, pero efectivo, dos galegos.

O responsable do Goberno autonómico aproveitou o desenvolvemento do acto para destacar a contribución do ex-presidente ás tres grandes realidades das que formamos parte como galegos, como españois e como europeos. En todas elas, lembrou, Albor participa como un home de concordia que contribúe a unificar Europa, a unificar España e a unificar Galicia.


Ademais desa faceta, o titular da Xunta quixo referirse tamén aos valores que van máis aló do político, pero que tamén inflúen na política: “Albor ten o compromiso sanador de calquera bo médico, a mente aberta de todos os europeístas convencidos, o espírito conciliador que caracteriza aos españois que miran máis ao futuro que ao pasado, e tamén ese sentidiño galego que nos fai ser como somos”, concluíu.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate