2 sept. 2017

Diario Oficial da Unión Europea publicou a solicitude de inscrición da Indicación Xeográfica Protexida "Ribeiras do Morrazo" no rexistro comunitario de denominacións de orixe

VIGO/PONTEVEDRA). Rías Baixas tribuna.
O Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou a solicitude de inscrición da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ribeiras do Morrazo no rexistro comunitario de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. 
Isto significa que se abre un período de oposición a nivel da Unión Europea de dous meses. Cando se supere este trámite producirase o rexistro definitivo deste selo de calidade mediante un regulamento de execución da Comisión.
A indicación xeográfica protexida “Ribeiras do Morrazo” aplícase aos viños producidos nesa zona. Viños brancos e tintos con aromas francos nos que se aprecian as características propias da materia prima da que proceden, con gradacións alcohólicas moderadas, aromas florais e de froitas e cunha boa e equilibrada acidez.


Vínculo co territorio
O ámbito xeográfico desta indicación xeográfica protexida comprende os terreos aptos para a produción da uva, que se atopen por debaixo dos 300 metros de altitude e nos termos municipais de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa, todos eles da provincia de Pontevedra. É unha zona cun clima oceánico- húmido, con 2.100 horas de sol ao ano, temperaturas suaves, con ausencia de xeadas e cun nivel medio de precipitacións de 1.300 a 1800 milímetros anuais. 

O seu cultivo faise en terreos de ladeiras con suaves pendentes e orientacións protexidas, en solos moderadamente ácidos, permeables e con escaso contido en materia orgánica no seu estrato máis superficial.


O embotellado en orixe permite preservar as características de calidade do produto. Isto, unido á experiencia e o coñecemento profundo das calidades específicas do viño adquirido durante anos polos produtores e produtoras locais fan necesario o envasado en orixe, para así preservar as características fisicoquímicas e organolépticas destes viños.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate