22 sept. 2017

Deputación de Pontevedra aprobou por unanimidade o primeiro regulamento de linguaxe inclusiva da institución provincial

VIGO/PONTEVEDRA). Rías Baixas tribuna.
O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou por unanimidade o primeiro regulamento de linguaxe inclusiva da institución provincial. A normativa, que contou co apoio de todos os grupos que conforman a corporación, ten por obxectivo a eliminación da linguaxe sexista e discriminatoria das comunicacións oficiais realizadas pola administración provincial e será de obrigado cumprimento para todos os seus órganos, servizos e departamentos así como para as traballadoras e traballadores desta administración, tanto nas actuacións internas como externas. 


A normativa fai referencia tanto á linguaxe escrita e oral como tamén á iconográfica afectará tamén aos estudos, proxectos, programas e traballos que a Deputación de Pontevedra lles encargue a terceiras persoas, entidades ou empresas, que deberán  realizaranse atendendo ás recomendacións sobre o uso inclusivo da linguaxe escrita e iconográfica contidas neste regulamento, un requisito que será explicitamente recollido nas convocatorias ou solicitudes dos mencionados traballos. Veranse igualmente afectados os contratos de prestación de servizos asinados pola Deputación con entidades privadas, que conterán unha cláusula na que se comprometan expresamente a respectar as normas que dispón este regulamento en materia de comunicación inclusiva. 
A aprobación do regulamento leva aparellada a publicación dunha guía de comunicación inclusiva titulada “Principios de actuación para unha comunicación en clave de igualdade na Deputación e Pontevedra”, pensada para facilitar a implementación da nova norma e da que se editou unha primeira tirada de 1.500 exemplares para repartir ente todo o persoal da administración provincial. 

O manual está estruturado en catro apartados, un primeiro dedicado a aportar un marco teórico,  no que se afonda sobre importancia da linguaxe e como esta afecta a todos os procesos de relación coa nosa contorna así como se analizan conceptos como xénero, sexismo ou androcentrismo; un segundo que comeza cun breve no marco normativo coas leis vixentes ao respecto tanto a nivel internacional  tras o que se detallan recomendacións tanto para a linguaxe escrita e oral como na linguaxe iconográfica; unha terceira parte composta por un glosario e unha última na que se recolle a bibliografía utilizada para a elaboración da guía, cuxa consulta tamén se recomenda.


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate