21 sept. 2017

A Deputación modifica as bases das subvencións o mesmo día que remata o prazo para que os concellos presenten os seus proxectos > Os deputados do PP van impugnar o último “miniplan concellos, a maior cacidada do Bipartito”

·     Ángel Moldes explicou que a Deputacion non pode dicir que os concellos presentaron proxectos en igualdade de condicións porque sería mentira”.

·     Luisa Piñeiro: “Temos claro que estas modificacións só benefician aos concellos gobernados polos alcaldes amigos da señora Silva e o señor Mosquera

VIGO/PONTEVEDRA). Rías Baixas tribuna.
O Partido Popular vai presentar un recurso de reposición para impugnar as bases do último “miniplan” para os concellos de menos de 20.000 habitantes aprobado polo Goberno de Carmela Silva. Así o confirmaron en rolda de prensa os deputados, Ángel Moldes, Luísa Piñeiro e Luís Aragunde, que sinalaron que “desde o Partido Popular non podemos ser cómplices desta chapuza, a maior cacicada do Bipartito desde que están no Goberno da Deputación”.
Os populares consideran que non se pode esperar ao mesmo día que remata o prazo para que os concellos presenten os seus proxectos (o luns 18 de setembro)  para facer modificacións importantes nas bases, e que os alcaldes non puideron coñecer ata onte, mércores, que foron publicadas no BOP. 
A alcaldesa de Moraña e deputada popular, Luísa Piñeiro explicou que foron 4 as modificacións que se fixeron das bases, pero unha delas é fundamental xa que acepta a posibilidade de que os concellos poidan cofinanciar proxectos con aportacións privadas ou particulares. “Isto aos concellos non nolo comunicaron en ningún momento, publicáronse no BOP o mércores cando o prazo xa rematara o luns”. 
“Sabemos que houbo alcaldes da provincia que non presentaron proxectos porque non tiñan financiamento propio para a parte que os concellos tiñan que aportar e que non sabían que agora ía haber esta segunda opción”, dixo Luisa Piñeiro. 
“O plan xa naceu improvisado desde o principio cando en agosto convocan as bases, en plenas vacacións da maior parte dos técnicos dos concellos,  e dan un mes para presentar proxectos pero desde Deputación non sabían aclararnos aos alcaldes que preguntábamos que tipo de proxectos se podían incluír, algo realmente estraño”, explicou a alcaldesa de Moraña. 
Outra das modificacións que aos deputados populares e alcaldes lles chama a atención e que lles parece “sorprendente” é será agora unha Comisión a que se encargue de interpretar cales son os proxectos singulares.  


BENEFICIARANSE OS CONCELLOS AMIGOS
 “Coas últimas modificacións dúas horas antes de que rematase o prazo demóstrannos que é unha cacicada, un plan encuberto e redactado á medida para asinar convenios con concellos que xa todos sabíamos de antemán que ían ser os beneficiados, os amigos da señora Silva e do señor Mosquera”.

Ángel Moldes explicou que “hoxe por hoxe, a Deputacion non pode dicir que os 52 concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes presentaron proxectos en igualdade de condicións porque sería unha mentira. Uns, os amigos de Carmela, que non son todos os alcaldes do PSOE, presentaron proxectos de acordo coas novas modificacións, e outros, cos que non quere falar nin reunirse, quedaron directamente fóra.

Por todo isto, Ángel Moldes sinalou que o que piden desde o Partido Popular é que o bipartito paralice este proceso e comecen de novo, garantindo igualdade de condicións para todos os concellos. 

¿Qué pasa cos concellos que presentaron proxectos antes das modificacións?, ¿Sabían certos alcaldes que ían haber estas modificacións ou a Deputación fixo estas modificacións precisamente para adaptar as bases aos proxectos de certos concellos e darlle así cobertura legal? Pregunta Ángel Moldes.

Luisa Piñeiro non ten dúbidas, “esta Deputación sempre lle deu as costas aos concellos pero que fixeron agora é sangrante e non se pode consentir”, explicou. “Intentan vendernos que se trata de un reparto equitativo e está claramente feito á medida dos seus alcaldes”.


“Imos saber agora cales son os concellos beneficiados e cales  presentaron proxectos con financiamento privado e que polo tanto sabían de antemán que ía haber esta opción, cando os demais alcaldes da provincia presentamos proxectos de acordo coas bases publicadas en agosto”.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate